Buscar
Mostrando ítems 1-10 de 35
Cantigas de Escarnio e de Maldizer. Antoloxía
(A Nosa Terra, 1996)
[Resumo]Ampla antoloxía anotada das cantigas satíricas (cantigas de escarnho e de maldizer) e mais das cantigas híbridas e dos xéneros menores do corpus trobadoresco profano galego-portugués. Esta escolma ten a característica ...
Unha ruptura na literatura galega: os Séculos Escuros
(A.C. Alexandre Bóveda, 1988)
[Resumo]Estudo socioliterario das condicións ambientais e culturais en que se desenvolveu a Galiza dos séculos XVI-XVIII, cunha ruptura na normalidade lingüística e literaria, apagada por unha situación de sometemento, ...
Os himnos nacionais (entre a Galiza e o Brasil). Sobre a fortuna textual do Himno Galego
(De Letras/EdUERJ, 2009)
[Resumo]Após unha proximación histórica ao nacemento dos himnos galego e brasileiro, que comparten algúns trazos comúns no relativo á súa orixe e condición, analízase o proceso de entropía textual sufrido polo himno galego ...
De Breogán aos Pinos. O texto do Himno Galego
(Laiovento, 2007)
[Resumo]Estudo do proceso histórico que conduciu ao nacemento e consolidación do poema “Os Pinos” de Eduardo Pondal (1890) como himno galego oficializado modernamente (1982). A partir da transcrición de todos os manuscritos ...
Himno. Historia, texto e música
(Consello da Cultura Galega, 2007)
[Resumo] Estudo socio-histórico do proceso de nacemento, expansión e consolidación do poema “Os Pinos” de Eduardo Pondal, coa música de Pascual Veiga, como himno galego, en directa competencia con outras propostas hímnicas. ...
Cantigas de Santa Maria. [Antoloxía]
(A Nosa Terra, 1996)
[Resumo]Antoloxía anotada de Cantigas de Santa María, de Afonso X, con textos editados a partir, fundamentalmente, da fixación crítica de Walter Mettmann.
Gramática Histórica Galega. I. Fonética e Morfosintaxe
(Laiovento, 1999)
[Resumo]Primeiro volume da Gramática Histórica Galega, dedicado ao estudo da fonética e da morfosintaxe históricas. No primeiro capítulo estúdase exhaustivamente a evolución do vocalismo e do consonantismo latinos até o ...
Eduardo Pondal: poesía e patria
(Universidade de San Petesburgo, 2009)
[Resumo]Aproximación bio-literaria á problemática figura e á poliédrica obra poética de Eduardo Pondal, posta polo bardo bergantiñán ao servizo da reconstrución da nación galega. Tanto a súa actividade vital como a súa ...
Edición e historia da lingua: Sobre a representación da nasalidade no trobadorismo profano galego-portugués e as formas “irmana” e afins
(Baía Edicións, 2008)
[Resumo] A partir do estudo sistemático da representación da nasalidade nos textos do trobadorismo profano galego portugués, compróbase a existencia certa de anomalías gráficas, que se revelan fonolóxicas nas formas con ...
¡Mal Ollo!... Comedia de ambente mariñeiro, [de] Cándido A. González
(Biblioteca-Arquivo Teatral "Francisco Pillado Mayor", 2004)
[Resumo]Edición crítica da obra teatral Mal ollo! (1954), de Cándido A. González, con estudo literario e lingüístico, fixación do texto e notas, xunto con diversos apéndices con partituras musicais e notas biográficas.