Réplica adaptada dunha metodoloxía activa desenvolvida na UDC noutras titulacións e Universidades mediante a colaboración entre docentes
Ver/ abrir
Use este enlace para citar
http://hdl.handle.net/2183/22729
A non ser que se indique outra cousa, a licenza do ítem descríbese como Atribución-NoComercial-CompartirIgual 3.0 España
Coleccións
Metadatos
Mostrar o rexistro completo do ítemTítulo
Réplica adaptada dunha metodoloxía activa desenvolvida na UDC noutras titulacións e Universidades mediante a colaboración entre docentesData
2019Cita bibliográfica
Naves García-Rendueles, Acacia ; Antunes, Isabel Margarida ; Samper Calvete, Javier (2019): Réplica adaptada dunha metodoloxía activa desenvolvida na UDC noutras titulacións e Universidades mediante a colaboración entre docentes. Póster presentado en: III Xornadas de Innovación Docente. Cufie. Universidade da Coruña. (pág. 548-551). En De la Torre Fernández, E. (ed.) (2019). Contextos universitarios transformadores: construíndo espazos de aprendizaxe. DOI libro: https://doi.org/10.17979/spudc.9788497497121
Resumo
[Resumo] No curso 2016-17, desenvolveuse unha iniciativa de innovación docente na materia de
Hidroloxía Aplicada ás Obras Públicas do grao en Enxeñaría de Obras Públicas da UDC. O
obxectivo desta materia é asimilar os conceptos básicos de hidroloxía e as súas aplicacións
ás obras de enxeñaría civil. Os alumnos e as alumnas resolveron co software VISUALCORE
problemas reais simplificados do efecto de drenes e pantallas no fluxo subterráneo. Dito
software é unha versión adaptada á docencia do código CORE (Samper et al., 2011)
desenvolvido polo grupo de investigación Aquaterra. A actividade foi avaliada moi
positivamente polos estudantes e permitiu: (1) Fixar e profundar nos conceptos estudados e
(2) Motivar ao alumnado achegando a teoría a realidade e amosándolles as habilidades
adquiridas na materia e a utilidade do aprendido nas aplicacións reais.
Unha docente da Universidade do Miño púxose en contacto co profesorado da UDC coa
intención de replicar a metodoloxía no seu centro en tres materias de diferentes titulacións: (1) Hidroxeoloxía do Grado en Bioloxía-Xeoloxía; (2) Hidroxeoloxía do Grado en Xeoloxía e (3) Xestión das Augas Subterráneas do Mestrado en Xeociencias. Traballouse conxuntamente
para adaptar a metodoloxía aos contidos e ás competencias das materias. Unha profesora da
UDC realizou dúas estadías cortas na Universidade do Minho, no marco do programa
Erasmus+ (EU, 2018), para impartir as clases co software e mostrar ao alumnado aplicacións reais da actividade profesional dun hidroxeólogo. A avaliación dos estudantes e da profesora da Universidade do Minho foi excelente. No futuro, preténdese fortalecer esta colaboración docente interuniversitaria e posiblemente estendela nalgún Traballo Fin de Mestrado
Palabras chave
Metodoloxía activa
Replicar
Colaboración entre docentes
Erasmus+
Software adaptado
Replicar
Colaboración entre docentes
Erasmus+
Software adaptado
Dereitos
Atribución-NoComercial-CompartirIgual 3.0 España