Obtendo información útil para a mellora dunha materia a partir dos resultados dos exames de resposta múltiple
Ver/ abrir
Use este enlace para citar
http://hdl.handle.net/2183/22709
A non ser que se indique outra cousa, a licenza do ítem descríbese como Atribución-NoComercial-CompartirIgual 3.0 España
Coleccións
Metadatos
Mostrar o rexistro completo do ítemTítulo
Obtendo información útil para a mellora dunha materia a partir dos resultados dos exames de resposta múltipleData
2019Cita bibliográfica
Gestal, Marcos; Munteanu, Cristian; Rabuñal, Juan; Dorado, Julián (2019): Obtendo información útil para a mellora dunha materia a partir dos resultados dos exames de resposta múltiple. Póster presentado en: III Xornadas de Innovación Docente. Cufie. Universidade da Coruña. (pág. 499-501). En De la Torre Fernández, E. (ed.) (2019). Contextos universitarios transformadores: construíndo espazos de aprendizaxe. DOI libro: https://doi.org/10.17979/spudc.9788497497121
Resumo
[Resumo] Os procesos de avaliación, deben aplicarse ós docentes e mesmo á materia en si, non só ós
alumnos.
Con esta finalidade formúlase unha análise dos resultados acadados polo alumnado durante a
proba de avaliación empregada na materia de Marcos de Desenvolvemento (Grao en Enxeñaría
Informática – Facultade de Informática). O exame é de resposta múltiple (4 opcións por
pregunta, só unha válida e restando puntos as respostas erróneas). Os exames analízanse en
dúas ramas: por unha banda, estúdanse as taxas de acerto/fallo/en branco de cada unha das
preguntas; por outra, a porcentaxe de opcións (a,b,c,d, branco) en cada pregunta.
Este sinxelo estudo, automatizado mediante o emprego dunha folla de cálculo, permite, non
obstante, obter interesantes conclusións:
• Detecta ambigüidades ou erros na formulación das preguntas que, polo xeral, se
derivan nunha elevada porcentaxe de respostas en branco.
• Detecta lagoas de coñecemento nalgunha das áreas da materia, que orixinan
preguntas cunha elevada taxa de erros. Cada pregunta está asociada a un bloque
teórico, polo que se podes establecer en qué aspectos os alumnos presentan máis ou
menos coñecementos. Ambos aspectos poden ser empregados para detectar erros na formulación da materia e/ou
exame e facer posible así a definición de plans de mellora de cara ós vindeiros cursos
académicos.
Palabras chave
Avaliación
Mellora continua
Exame resposta múltiple
Mellora continua
Exame resposta múltiple
Dereitos
Atribución-NoComercial-CompartirIgual 3.0 España