Dexeneroconstrucion. Achegando a perspectiva de xénero á arquitectura e á sociedade
Ver/ abrir
Use este enlace para citar
http://hdl.handle.net/2183/15851Coleccións
Metadatos
Mostrar o rexistro completo do ítemTítulo
Dexeneroconstrucion. Achegando a perspectiva de xénero á arquitectura e á sociedadeAutor(es)
Data
2014Cita bibliográfica
II Xornada Universitaria Galega en Xénero, XUGeX: roles de xénero nun mundo globalizado. Edición a cargo de Ana Jesús López Díaz, Anabel González Penín, Eva Aguayo Lorenzo. Universidade da Coruña, 2014, 41-45. ISBN: 978-84-9749-599-8
Resumo
[RESUMO] A situación da muller arquitecta evolucionou paseniño ó longo dos anos. A porcentaxe de alumnas de arquitectura foise consolidando a partir da década dos setenta, pasando a representar algo máis da metade do estudantado logo do ano 2007. A paridade nas escolas técnicas superiores de arquitectura, impensable ata tan só unhas décadas, é xa unha realidade, se ben este feito non se traduce nos aínda persistentes desequilibrios entre arquitectas e arquitectos. Por outra banda, se ben a presenza e recoñecemento de mulleres estudantes, docentes e profesionais da arquitectura resulta un paso fundamental de cara á normalización da profesión, cabe salientar que isto non asegura un cambio na praxe da arquitectura. As regras do xogo seguen sendo masculinas: continuamos sendo cómplices do sistema patriarcal dominante asumindo discursos que invisibilizan e reproducen uns determinados patróns androcentristas, e isto tradúcese a hora de exercer a profesión, ó marxe de que se sexa home ou muller. A inclusión da perspectiva de xénero no ámbito da arquitectura e do urbanismo vai máis alá da presenza da muller neste contexto, e incide transversalmente desenmascarando a suposta neutralidade na ensinanza e no exercicio da profesión. Dexeneneroconstrución é unha web 2.0 que naceu co fin de achegar a perspectiva de xénero á arquitectura e a sociedade. A divulgación, como primeiro paso para acción, é o seu principal cometido, entendéndoa como a publicación e extensión dun contido dixital de elaboración propia posto ó alcance dun público diverso e de diferentes eidos formativos. Dexeneroconstrución sérvenos ás autoras para aprender a investigar e comunicar, transmitindo e facendo comprensibles temáticas que comunmente están ausentes, facendo visible o invisible, ó tempo que se combate o desinterese e se promove o coñecemento e a calidade de vida nunha sociedade máis igualitaria nun ámbito especializado
Palabras chave
Páxina web
Arquitectura
Urbanismo
Xénero
Muller
Igualdade
Arquitectura
Urbanismo
Xénero
Muller
Igualdade
ISBN
978-84-9749-599-8