Mostrar o rexistro simple do ítem

dc.contributor.authorCastro, Laura M.es_ES
dc.date.accessioned2016-01-14T11:30:24Z
dc.date.available2016-01-14T11:30:24Z
dc.date.issued2014es_ES
dc.identifier.citationII Xornada Universitaria Galega en Xénero, XUGeX: roles de xénero nun mundo globalizado. Edición a cargo de Ana Jesús López Díaz, Anabel González Penín, Eva Aguayo Lorenzo. Universidade da Coruña, 2014, 25-29. ISBN: 978-84-9749-599-8es_ES
dc.identifier.isbn978-84-9749-599-8es_ES
dc.identifier.urihttp://hdl.handle.net/2183/15844
dc.description.abstract[RESUMO] Existe a impresión de que nos últimos anos a presenza das mulleres nas carreiras universitarias dos ámbitos técnicos, no canto de continuar avanzando cara á equiparación ao número de homes, está a sufrir un preocupante retroceso. Coa finalidade última de confirmar ou refutar esta percepción xeralizada, este traballo cuantifica a evolución do número de mulleres matriculadas e tituladas en estudios do eido tecnolóxico na Universidade da Coruña, nos últimos trece anos; e ofrece unha visión actualizada da situación das novas xeracións de mulleres, coa finalidade de axudar a determinar os avances obxectivos na equiparación da presenza de mulleres e homes neste eido. Os resultados obtidos confirman que nos últimos trece anos a presenza de mulleres nalgunhas titulacións técnicas chegou a reducirse a unha terceira parte, pasando dun 32% a un 10%, a pesares de que o número de alumnas e alumnos en toda a UDC distribúese case perfectamente no mesmo período en proporción 1:1. Como únicas excepcións, pódense mencionar os estudos de Arquitectura e Deseño Industrial, que acadaron e manteñen desde o curso 2007- 2008 a paridade matemática no número de estudantes dun e doutro sexo. A porcentaxe de persoas que completan unha titulación técnica é un dato mais optimista, segundo o cal as mulleres pasaron de representar o 30% no curso 2000-2001 a supor un 35% no curso 2012-2013, o que supón que a pesares de todo as estudantes incrementaron a súa eficiencia á hora de completar os seus estudos. Porén, queda claro que non estamos ante un problema de competencia, senón doutro cariz. Asi pois, determínase a necesidade dunha intervención institucional mediante o establecemento de políticas normalizadoras para romper a tendencia e avanzar na normalización da presenza das mulleres no eido técnico.es_ES
dc.language.isoglges_ES
dc.publisherUniversidade da Coruñaes_ES
dc.subjectPresenza das mullereses_ES
dc.subjectEnsinos técnicoses_ES
dc.subjectMatriculaciónes_ES
dc.subjectTituladases_ES
dc.subjectParidadees_ES
dc.titleCuantificación da perda das novas xeracións de mulleres técnicas. O caso da UDCes_ES
dc.typeinfo:eu-repo/semantics/conferenceObjectes_ES
dc.rights.accessinfo:eu-repo/semantics/openAccesses_ES


Ficheiros no ítem

Thumbnail

Este ítem aparece na(s) seguinte(s) colección(s)

Mostrar o rexistro simple do ítem