Violencia simbólica, violencia real: a cultura que nos agrede
Ver/ abrir
Use este enlace para citar
http://hdl.handle.net/2183/15827Coleccións
Metadatos
Mostrar o rexistro completo do ítemTítulo
Violencia simbólica, violencia real: a cultura que nos agredeAutor(es)
Data
2014Cita bibliográfica
II Xornada Universitaria Galega en Xénero, XUGeX: roles de xénero nun mundo globalizado. Edición a cargo de Ana Jesús López Díaz, Anabel González Penín, Eva Aguayo Lorenzo. Universidade da Coruña, 2014, 110-115. ISBN: 978-84-9749-599-8
Resumo
[RESUMO] A persistencia dos valores sexistas patriarcais no pensamento hexemónico das nosas sociedades explica a continuidade nas agresións ás mulleres e nenas a pesar das medidas policiais e xudiciais contra a violencia de xénero. A violencia sexista ten moitas formas e manifestacións, pero todas elas teñen a súa orixe no pensamento patriarcal, e por isto a única prevención da violencia física e psicolóxica de xénero eficaz é a concienciación da sociedade no pensamento feminista. Este artigo analiza a violencia simbólica en diversos medios culturais—literatura, publicidade, cine, vídeos musicais,artes plásticas—, ofrecendo exemplos de intervencións feministas que expoñen os valores misóxinos que nos arrodean. Estes exemplos son meros indicios representativos do insidioso traballo de concienciación na submisión que recibimos deseguido, desde a invisibilización da nosa presenza na linguaxe até a representación pornográfica violenta nos vídeos musicais, pasando polas representacións tradicionalmente sexistas no cinema, a publicidade ou a literatura. A principal premisa no artigo é que a interiorización dos modelos de xénero sexistas transmitidos nas manifestacións culturais dominantes constitúe en si mesma un importante factor de risco. A análise de textos escritos e visuais revela o fortísimo enraizamento dos valores misóxinos na cultura, que están a revivir un forte rexurdimento co movemento neoliberal consumista da globalización. O idealizado retorno ao espazo doméstico e á maternidade promovido na cultura resulta moi eficaz para o desmantelamento dun estado de benestar do que as principais beneficiarias son as mulleres, e que vaia acompañado dun aumento de vítimas de violencia de xénero non sorprende cando se mira o mundo con lentes violetas. Cómpre desenmascarar os mitos posfeministas para erradicar a violencia e construír unha sociedade igualitaria.
Palabras chave
Violencia simbólica
Cultura
Hexemonía
Patriarcado
Feminismo
Cultura
Hexemonía
Patriarcado
Feminismo
ISBN
978-84-9749-599-8