Mostrar o rexistro simple do ítem

dc.contributor.authorSantamarina Campos, Beatriz
dc.date.accessioned2011-07-12T10:18:44Z
dc.date.available2011-07-12T10:18:44Z
dc.date.issued2009
dc.identifier.citationAmbientalmente Sustentable, 2009, 7: 69-85. ISSN: 1887-2417es_ES
dc.identifier.issn1887-2417
dc.identifier.urihttp://hdl.handle.net/2183/7388
dc.description.abstract[Resumo] A Estratexia Calenciana ante o Cambio Climático (EVCC) é o instrumento de acción pública da Generalitat Valenciana para definir e coordinar as accións de mitigación e adaptación a este fenómeno. A EVCC avanza un conxunto de 125 disposicións estruturadas en 8 áreas de actuación, entres as cales establece un conxunto de medidas de información, comunicación, formación e cooperación cidadá, instrumentos clave para lle transmitir á sociedade a complexidade, relevancia e urxencia deste problema e concienciala da necesidade de que individuos e grupos adopten comportamentos e estilos de vida que reduzan significativamente as emisións de gases de efecto invernadoiro. Non cabe dúbida de que para enfocar esta tarefa con rigor e eficacia é preciso caracterizar, antes de máis, a cultura común –a representación social– que sobre o cambio climático está a conformarse na sociedade valenciana. Son, con efecto, os coñecementos, as percepcións, as teorías implícitas, as valoracións e os hábitos socialmente interiorizados os elementos sobre os que haberá que traballar para lograr os cambios desexados na xestión dos vectores humanos que interveñen no desaxuste do clima. Neste sentido, a Consellería de Medio Ambiente, Auga e Urbanismo da Generalitat Valenciana, en colaboración co Departamento de Socioloxía e Antropoloxía Social da Universidade de Valencia, realizou unha investigación sobre a percepción social do cambio climático na sociedade valenciana. É o seu obxectivo: aproximarse ao grao de coñecemento, ás concepcións, representacións sociais, actitudes, valoracións e hábitos socialmente interiorizados a respecto deste problema. Este artigo constitúe unha síntese parcial desta investigación.es_ES
dc.description.abstract[Abstract] Valencia strategy in view of climate change (VECC) is the Generalitat Valenciana instrument to coordinate adaptation to this phenomenon and define other mitigation actions. VECC comprises of a group of 125 arrangements structured within 8 different fields to set up information measurements, communication, training and public cooperation. These are essential instruments to inform society of the complexity, importance and urgency on adequate behaviour and life styles to bring down greenhouse gases emissions. It is necessary to typify the social representation of global warming within Valencia society and give this task an efficient and precise approach. Knowledge, perceptions, implicit theories, evaluations and social habits are the elements to work on in order to achieve management changes on human factors which take part in the climate imbalance. Environment, Water and Urbanism Ministry of the Generalitat Valenciana, in partnership with the Department of Sociology and Social Anthropology in Valencia University, carried out research on the social perception of climate change within Valencia society. The purpose and summary of the study is gathered on this article.es_ES
dc.language.isoglges_ES
dc.publisherUniversidade da Coruñaes_ES
dc.subjectCambio climáticoes_ES
dc.subjectPercepción sociales_ES
dc.subjectEducación ambientales_ES
dc.subjectClimate changees_ES
dc.subjectSocial perceptiones_ES
dc.subjectEnvironmental educationes_ES
dc.titleA percepción social do cambio climático na Comunidade Valencianaes_ES
dc.typeinfo:eu-repo/semantics/articlees_ES
dc.rights.accessinfo:eu-repo/semantics/openAccess


Ficheiros no ítem

Thumbnail

Este ítem aparece na(s) seguinte(s) colección(s)

Mostrar o rexistro simple do ítem