Skip navigation
  •  Inicio
  • UDC 
    • Cómo depositar
    • Políticas do RUC
    • FAQ
    • Dereitos de Autor
    • Máis información en INFOguías UDC
  • Percorrer 
    • Comunidades
    • Buscar por:
    • Data de publicación
    • Autor
    • Título
    • Materia
  • Axuda
    • español
    • Gallegan
    • English
  • Acceder
  •  Galego 
    • Español
    • Galego
    • English
  
Ver ítem 
  •   RUC
  • Publicacións UDC
  • Revistas UDC
  • AmbientalMENTEsustentable
  • REV - AS - Nº 07, (xaneiro - xuño 2009)
  • Ver ítem
  •   RUC
  • Publicacións UDC
  • Revistas UDC
  • AmbientalMENTEsustentable
  • REV - AS - Nº 07, (xaneiro - xuño 2009)
  • Ver ítem
JavaScript is disabled for your browser. Some features of this site may not work without it.

A percepción social do cambio climático na Comunidade Valenciana

Thumbnail
Ver/abrir
AS_7_2009_art_3.pdf (193.9Kb)
Use este enlace para citar
http://hdl.handle.net/2183/7388
Coleccións
  • REV - AS - Nº 07, (xaneiro - xuño 2009) [13]
Metadatos
Mostrar o rexistro completo do ítem
Título
A percepción social do cambio climático na Comunidade Valenciana
Autor(es)
Santamarina Campos, Beatriz
Data
2009
Cita bibliográfica
Ambientalmente Sustentable, 2009, 7: 69-85. ISSN: 1887-2417
Resumo
[Resumo] A Estratexia Calenciana ante o Cambio Climático (EVCC) é o instrumento de acción pública da Generalitat Valenciana para definir e coordinar as accións de mitigación e adaptación a este fenómeno. A EVCC avanza un conxunto de 125 disposicións estruturadas en 8 áreas de actuación, entres as cales establece un conxunto de medidas de información, comunicación, formación e cooperación cidadá, instrumentos clave para lle transmitir á sociedade a complexidade, relevancia e urxencia deste problema e concienciala da necesidade de que individuos e grupos adopten comportamentos e estilos de vida que reduzan significativamente as emisións de gases de efecto invernadoiro. Non cabe dúbida de que para enfocar esta tarefa con rigor e eficacia é preciso caracterizar, antes de máis, a cultura común –a representación social– que sobre o cambio climático está a conformarse na sociedade valenciana. Son, con efecto, os coñecementos, as percepcións, as teorías implícitas, as valoracións e os hábitos socialmente interiorizados os elementos sobre os que haberá que traballar para lograr os cambios desexados na xestión dos vectores humanos que interveñen no desaxuste do clima. Neste sentido, a Consellería de Medio Ambiente, Auga e Urbanismo da Generalitat Valenciana, en colaboración co Departamento de Socioloxía e Antropoloxía Social da Universidade de Valencia, realizou unha investigación sobre a percepción social do cambio climático na sociedade valenciana. É o seu obxectivo: aproximarse ao grao de coñecemento, ás concepcións, representacións sociais, actitudes, valoracións e hábitos socialmente interiorizados a respecto deste problema. Este artigo constitúe unha síntese parcial desta investigación.
 
[Abstract] Valencia strategy in view of climate change (VECC) is the Generalitat Valenciana instrument to coordinate adaptation to this phenomenon and define other mitigation actions. VECC comprises of a group of 125 arrangements structured within 8 different fields to set up information measurements, communication, training and public cooperation. These are essential instruments to inform society of the complexity, importance and urgency on adequate behaviour and life styles to bring down greenhouse gases emissions. It is necessary to typify the social representation of global warming within Valencia society and give this task an efficient and precise approach. Knowledge, perceptions, implicit theories, evaluations and social habits are the elements to work on in order to achieve management changes on human factors which take part in the climate imbalance. Environment, Water and Urbanism Ministry of the Generalitat Valenciana, in partnership with the Department of Sociology and Social Anthropology in Valencia University, carried out research on the social perception of climate change within Valencia society. The purpose and summary of the study is gathered on this article.
 
Palabras chave
Cambio climático
Percepción social
Educación ambiental
Climate change
Social perception
Environmental education
 
ISSN
1887-2417

Listar

Todo RUCComunidades e colecciónsPor data de publicaciónAutoresTítulosMateriasGrupo de InvestigaciónTitulaciónEsta colecciónPor data de publicaciónAutoresTítulosMateriasGrupo de InvestigaciónTitulación

A miña conta

AccederRexistro

Estatísticas

Ver Estatísticas de uso
Sherpa
OpenArchives
OAIster
Scholar Google
UNIVERSIDADE DA CORUÑA. Servizo de Biblioteca.    DSpace Software Copyright © 2002-2013 Duraspace - Suxestións