A percepción social do cambio climático na Comunidade Valenciana

Ver/ abrir
Use este enlace para citar
http://hdl.handle.net/2183/7388Coleccións
Metadatos
Mostrar o rexistro completo do ítemTítulo
A percepción social do cambio climático na Comunidade ValencianaAutor(es)
Data
2009Cita bibliográfica
Ambientalmente Sustentable, 2009, 7: 69-85. ISSN: 1887-2417
Resumo
[Resumo] A Estratexia Calenciana ante o Cambio Climático (EVCC) é o instrumento de acción pública
da Generalitat Valenciana para definir e coordinar as accións de mitigación e adaptación a
este fenómeno. A EVCC avanza un conxunto de 125 disposicións estruturadas en 8 áreas de
actuación, entres as cales establece un conxunto de medidas de información, comunicación,
formación e cooperación cidadá, instrumentos clave para lle transmitir á sociedade a
complexidade, relevancia e urxencia deste problema e concienciala da necesidade de que
individuos e grupos adopten comportamentos e estilos de vida que reduzan significativamente
as emisións de gases de efecto invernadoiro. Non cabe dúbida de que para enfocar esta tarefa
con rigor e eficacia é preciso caracterizar, antes de máis, a cultura común –a representación
social– que sobre o cambio climático está a conformarse na sociedade valenciana. Son, con
efecto, os coñecementos, as percepcións, as teorías implícitas, as valoracións e os hábitos
socialmente interiorizados os elementos sobre os que haberá que traballar para lograr os
cambios desexados na xestión dos vectores humanos que interveñen no desaxuste do clima.
Neste sentido, a Consellería de Medio Ambiente, Auga e Urbanismo da Generalitat Valenciana,
en colaboración co Departamento de Socioloxía e Antropoloxía Social da Universidade
de Valencia, realizou unha investigación sobre a percepción social do cambio climático na
sociedade valenciana. É o seu obxectivo: aproximarse ao grao de coñecemento, ás concepcións,
representacións sociais, actitudes, valoracións e hábitos socialmente interiorizados a respecto
deste problema. Este artigo constitúe unha síntese parcial desta investigación. [Abstract] Valencia strategy in view of climate change (VECC) is the Generalitat Valenciana instrument
to coordinate adaptation to this phenomenon and define other mitigation actions. VECC
comprises of a group of 125 arrangements structured within 8 different fields to set up
information measurements, communication, training and public cooperation. These are
essential instruments to inform society of the complexity, importance and urgency on adequate
behaviour and life styles to bring down greenhouse gases emissions.
It is necessary to typify the social representation of global warming within Valencia society and give this
task an efficient and precise approach. Knowledge, perceptions, implicit theories, evaluations and social
habits are the elements to work on in order to achieve management changes on human factors which take
part in the climate imbalance. Environment, Water and Urbanism Ministry of the Generalitat Valenciana, in
partnership with the Department of Sociology and Social Anthropology in Valencia University, carried out
research on the social perception of climate change within Valencia society. The purpose and summary of
the study is gathered on this article.
Palabras chave
Cambio climático
Percepción social
Educación ambiental
Climate change
Social perception
Environmental education
Percepción social
Educación ambiental
Climate change
Social perception
Environmental education
ISSN
1887-2417