Participación del alumnado e intervención psicopedagógica socio-comunitaria en un centro de secundaria de La Coruña
Ver/ abrir
Use este enlace para citar
http://hdl.handle.net/2183/6836Coleccións
Metadatos
Mostrar o rexistro completo do ítemTítulo
Participación del alumnado e intervención psicopedagógica socio-comunitaria en un centro de secundaria de La CoruñaData
2000Cita bibliográfica
Revista galego-portuguesa de psicoloxía e educación, 2000, 6: 572-581 ISSN: 1138-1663
Resumo
[Resumen] Partindo da idea de que a Educación é un servicio que debe propoñer solucións e alternativas á diversidade dos alumnos/as e pais/nais, facilitando instrumentos e ferramentas de desenvolvemento
comunitario, na seguinte comunicación relátase un caso de Intervención Psicopedagóxica nun Centro de Secundaria sobre o marco socio-comunitario. Comenzado por un estudio de necesidades e de recursos humáns e técnicos sobre os que satisfacer as necesidades detectadas, e sobre a base dunha axuda mutua que implique lugares e puntos de encontro, preténdese crear unha dinámica de participación de tódolos axentes educativos co obxectivo de desenvolver individuos responsables e autónomos que fagan frente ós conflictos e necesidades poden estar xerándose tanto no medio escolar
como social. Este tipo de axuda inter e intra vertébrase sobre o establecemento de compromisos por cada unha das partes implicadas, con metas concretas e positivas. Dos resultados desta intervención, podemos deducir que a creación de marcos de interrelación e confluencia nos que quepan todos e non se exclúa a ninguén é unha base imprescindible sobre a que desenvolver os procesos educativos. Esta filosofía de intervención radica en poñer o énfase na axuda que pode aportar cada un e evitar a búsqueda de responsabilidades de terceiros ou alleos; trátase de vincular a todos e cada un, participando e desenvolvendo as parcelas de propia autonomía, desenvolvendo hábitos de responsabilidade individual e social.
ISSN
1138-1663