Mostrar o rexistro simple do ítem

dc.contributor.authorMariño Castro, Carlos
dc.contributor.authorMariño Castro, María Luisa
dc.contributor.authorVeiga Río, Emilio J.
dc.date.accessioned2010-01-26T13:12:04Z
dc.date.available2010-01-26T13:12:04Z
dc.date.issued2000
dc.identifier.citationRevista galego-portuguesa de psicoloxía e educación, 2000, 6: 497-506 ISSN: 1138-1663es_ES
dc.identifier.issn1138-1663
dc.identifier.urihttp://hdl.handle.net/2183/6750
dc.description.abstract[Resumo] caso que estamos a presentar nesta comunicación é o estudio de caso dun neno de 7 anos cun linguaxe moi pouco estructrurado a nivel expresivo (vocabulario pobre, ausencia de nexos -palabra frase-, sen ritmo na fala, confusións en fonemas, non pronuncia as consonantes nasais nin os sinfóns, etc.) e con dificultades na lingua escrita tanto a nivel comprensivo coma expresivo. Pódese dicir que posúe carencias nos catro sistemas que compoñen a linguaxe: fonolóxico, lexical, sintáctico-gramatical e simbólico-semántico. Para o análise das suas dificultades non só tivemos en conta ó suxeito se non os seus contextos externos, principalmente o circulo familiar e o colexio dada a importancia que reportan no proceso de comunicación. Nas relacións interpersonais o neno recibe constantemente un feed-back correctivo. Todo-los nenos/as vense sometidos/as a unha intervención intensiva, aínda que inconsciente do entorno sobre a súa comunicación co obxectivo primario de facilita-la interacción e en consecuencia permitirlle adquirir, con maor facilidade, o código característico do grupo social ó que pertence. Este proceso é común a todalas culturas porque pertence ó grupo de conductas máis xerais de transmisión de información entre as xeneracións. Incidimos sobre o clima da clase e elaborarnos pautas a nivel familiar a fin de favorecer o proceso de entrenamento lingüístico e prevenir conductas que poidan xurdir pola falta de coherencia no nivel de esixencia. A nivel suxeito traballáronse os aspectos de mayor incidencia no desenrolo lingüístico, coma a memoria inmediata, a organización temporoauditiva, e os aspectos psicolingüísticos coma entrenamento da conciencia fonolóxica (descompoñer unha palabra nos seus elementos -sílabas ou letrase volvela a componer, etc.). o xogo e a música conformaron o eixe das sesións de reeducación a fin de axeita-Io proceso a idade e madurez do alumno. Os resultados obtidos si ben foron positivos tendo enconta o punto de partida e o de chegada, como se di nas conclusións, pódese falar máis que de logros concretos dunha progresión lenta pero continuada en todolos capítulos a reeducar, porque debemos de considerar permanentemente que tanto o ensino como a aprendizaxe da linguaxe nesta tipoloxía de casos é un continuo
dc.language.isoglges_ES
dc.publisherUniversidade da Coruñaes_ES
dc.titleEstudio de caso do entrenamento lingüístico nunha reabilitación logopédicaes_ES
dc.typeinfo:eu-repo/semantics/articlees_ES
dc.rights.accessinfo:eu-repo/semantics/openAccess


Ficheiros no ítem

Thumbnail

Este ítem aparece na(s) seguinte(s) colección(s)

Mostrar o rexistro simple do ítem