Integrando a linguaxe inclusiva no currículo universitario: un caso de estudo no Grao en Inglés da UDC

View/ Open
Use this link to cite
http://hdl.handle.net/2183/36781Collections
Metadata
Show full item recordTitle
Integrando a linguaxe inclusiva no currículo universitario: un caso de estudo no Grao en Inglés da UDCDirectors
Date
2023Citation
Ramos, L., de Moura, J., Buján, J. N., & Hortas, M. O. (2023). Integrando a linguaxe inclusiva no currículo universitario: un caso de estudo no Grao en Inglés da UDC. In Epistemoloxías feministas en acción: VIII Xornada Universitaria Galega en Xénero (pp. 31-39). Servizo de Publicacións.
Abstract
[Resumo]: Neste estudo, proponse unha actividade de innovación docente no contexto da materia
Tecnoloxías da Información e da Comunicación (TIC) do Grao en Inglés da Universidade da
Coruña (UDC), co obxectivo de promover e facilitar o desenvolvemento de competencias en
linguaxe inclusiva e non sexista entre o estudantado. A actividade consiste na creación dun
documento de texto en formato Open Document Text (ODT) formatado usando estilos en
LibreOffice Writer, a partir dun conxunto de contidos sen formato e recursos relacionados coa
linguaxe inclusiva. Esta proposta busca que o alumnado reflexione sobre o uso actual da
linguaxe na sociedade, identifique contidos sexistas e comprenda as súas implicacións.
Ademais, preténdese que os estudantes aprendan estratexias para un uso non sexista da
linguaxe, tanto no plano gramatical como no discursivo. Para avaliar a percepción do
estudantado respecto ao uso da linguaxe inclusiva, realizouse un estudo previo mediante unha
enquisa anónima. Os resultados desta enquisa servirán como base para a implementación e
mellora da actividade proposta. A través dun enfoque activo e participativo, o estudo busca
fomentar a concienciación sobre a importancia da linguaxe inclusiva e desenvolver habilidades
prácticas no manexo de ferramentas de procesado de texto, contribuíndo así ao avance cara
unha sociedade máis igualitaria e inclusiva.
Keywords
Linguaxe inclusiva
Innovación docente
Tecnoloxías da información
Diversidade de xénero
Ensino superior
Innovación docente
Tecnoloxías da información
Diversidade de xénero
Ensino superior
Description
Inclúese tamén a presentación realizada nas xornadas.
Rights
© Universidade de Vigo, 2023
© Universidade da Coruña, 2023
© Universidade de Santiago de Compostela, 2023
ISBN
978-84-8158-975-7