O modelado e a simulación como recursos para a aprendizaxe
View/ Open
Use this link to cite
http://hdl.handle.net/2183/22732
Except where otherwise noted, this item's license is described as Atribución-NoComercial-CompartirIgual 4.0 España
Collections
Metadata
Show full item recordTitle
O modelado e a simulación como recursos para a aprendizaxeAuthor(s)
Date
2018Citation
Castro, Paula M.; Dapena, Adriana; Pereira-Sáez, María J.; Vazquez-Araujo, Francisco J. (2018). O modelado e a simulación como recursos para a aprendizaxe. Póster presentado en: II Xornadas de Innovación Docente. Cufie. Universidade da Coruña. (pág. 394-396). En: E. de la Torre Fernández, (ed.) (2018). Contextos universitarios transformadores: retos e ideas innovadoras. DOI libro: https://doi.org/10.17979/spudc.9788497496780
Abstract
[Resumo] A combinación da aprendizaxe visual e conceptual é máis efectiva que o modelo tradicional de
aprendizaxe, onde as definicións, os teoremas, as demostracións ou os exercicios se
presentan nas clases dun xeito exclusivamente teórico o que, en moitas ocasións, pode estar
totalmente afastado da realidade dun alumnado que vive na sociedade tecnolóxica do século
XXI.
No noso plantexamento metodolóxico mantemos as sesións maxistrais para a explicación dos
conceptos teóricos, pero introducimos o modelado e a simulación no desenvolvemento das
sesións prácticas correspondentes. Neste traballo imos centrarnos en temáticas da Xeometría
e da Álxebra Lineais vencelladas con diversas titulacións universitarias da rama da Enxeñaría e
Arquitectura.
A primeira experiencia que amosamos é realizada cun grupo de estudantes de primeiro curso
de Enxeñaría Informática. Nela, as sesións prácticas focalízanse na aplicación, empregando
simulación, dos contidos teóricos de grafos para a análise de algoritmos de encamiñamento
en redes sen fíos.
Na segunda proposta partimos de modelos realizados con ferramentas de Deseño Asistido por
Computador (CAD, do inglés Computer-Aided Design) e plantexamos situacións familiares
para o estudante. A partir delas, deberá pór en práctica os conceptos matemáticos adquiridos nas clases maxistrais e ser quen de resolver con éxito estas aplicacións prácticas da vida cotiá que, sen dúbida, incrementarán a súa motivación facilitando deste xeito unha asimilación máis razoada e persistente dos contidos. Entre esas situacións que presentamos ao estudante atópase o control dun dron para evitar colisións. Este exemplo emprégase para o estudo da posición relativa de esferas con respecto a un hiperboloide
Keywords
Metodoloxía docente
Modelado
Simulación
Superficies cuádricas
Grafos
Modelado
Simulación
Superficies cuádricas
Grafos
Rights
Atribución-NoComercial-CompartirIgual 4.0 España