Augusto Assía: un xornalista viaxado
Title
Augusto Assía: un xornalista viaxadoAuthor(s)
Date
2011Citation
Viaxes e construción do pensamento, 2011: 295-311. ISBN: 84-9749-506-6
Abstract
[Resumo] Felipe Fernández Armesto –Augusto Assía–, con máis de cincuenta anos de exercicio do xornalismo para o diario barcelonés La Vanguardia, é unha figura esencial para coñecer o século XX en Europa e representa un paradigma do xornalismo de opinión en España. Personalidade complexa, cunha evolución ideolóxica que vai desde o comunismo ortodoxo até o neoliberalismo, contou en primeira persoa, desde Berlín, Londres, Roma, Washintong e Bonn, os principais acontecementos do século XX: o nacemento do fascismo en Europa, a Segunda Guerra Mundial, o Xuízo de Nuremberg, o Tratado de Roma, a Guerra Fría... Augusto Assía é, por décadas, un dos xornalistas con maior pegada do panorama español. Elevou á categoría de xénero xornalístico as cartas ao Director de La Vanguardia. Aínda hoxe é un referente da crónica de correspondente no estranxeiro.
Keywords
Xornalismo de opinión
Ideoloxías
Profesión xornalística
Xéneros informativos
Crónica
Crónica de correspondente no estranxeiro
Historia do século XX
Ideoloxías
Profesión xornalística
Xéneros informativos
Crónica
Crónica de correspondente no estranxeiro
Historia do século XX
ISBN
84-9749-506-6