Buscar
Mostrando ítems 1-10 de 21
A expresión cantada da Nación: historia do Himno Galego
(Fundación Bautista Alvarez de Estudos Nacionalistas, 2008)
[Resumo] Percurso histórico-textual pola historia do himno galego, como fundamental sinal de manifestación identitaria da nación galega.
Sobre a posibilidade de elisión vocálica da conxunción “se” na poesía profana galego-portuguesa
(Universidade de Santigo, Servizo de Publicacións, 2013)
[Resumo] A partir da teoría formulada por Cunha sobre a imposibilidade de sinalefa e/ou crase da conxunción condicional se (e tamén que e ca) na poesía profana galego-portuguesa, neste artigo son estudados aqueles casos ...
Os hapax como problema e como solución. Sobre a cantiga 493/18,11 [B 495/V 78] de Afonso X
(Universidade de Santiago. Servizo de Publicacións, 2010)
[Resumo]Aproximación crítica ao problema dos hapax no corpus da lírica profana galego-portuguesa, con revisión de varias formas (problemáticas) que agora se revelan erradas após a relectura crítica dos manuscritos e unha ...
A forma verbal éste na lírica profana galego-portuguesa
(Universidade da Coruña, 2008)
[Resumo] Neste artigo estúdase exhaustivamente a aparición e o uso de éste, forma concorrente con
é, P3 do presente de indicativo de seer, na lírica profana galego-portuguesa. A través da
revisión sistemática da súa ...
Contribución á lexicografía histórica do galego: o vocabulario de Payzal
(Real Academia Galega, 1994)
[Resumo]Edición e estudo do glosario manuscrito inédito (c. 1800) de B. Vicente Payzal, transmitico por un autógrafo custodiado pola Real Academia Galega, que constitúe un dos primeiros vocabularios da lingua galega conservados.
Por volta de topónimos e textos afonsinos. A cantiga “Ansur Moniz, muit'ouve gran pesar” [B 482, V 65]
(Universidade da Coruña, Area de Filoloxías Galega e Portuguesa, Departamento de Galego-Portugués, Francés e Lingüística, 2014)
[Resumo] Neste traballo estúdanse, inicialmente, dúas formas toponímicas mal lidas e/ou interpretadas na tradición editorial no cancioneiro de Alfonso X o Sabio: Libira (vs. Librilha, Sevilha, Librija) e Beger (vs. aloguer, ...
Elementos para unha revisión textual das cantigas trobadorescas: sobre a segmentación de <o> e <a>
(Universidade de Santigo, Servizo de Publicacións e Intercambio Científico, 2014)
[Abstract]The frequent occurrence of the (sometimes fronted) de¬sinence <-a> and <-o> in numerous linguistic elements of Galician-Portuguese increases the interpretative potential of these vowels, which may vary in function ...
Nova contribución ao córpus literário de Eduardo Pondal: dezanove poemas e unha novela
(Promocións Culturais Galegas, 1986)
[Resumo]Recuperación e edición de textos pondalianos (unha novela curta, autobiográfica, e dezanove poemas), esquecidos en publicacións raras contemporáneas do poeta ou inéditos (en manuscritos autógrafos).
Uma anomalia na língua trovadoresca galego-portuguesa: sobre os casos de conservação de -l- intervocálico
(Virtual Center for the Study of Galician-Portuguese Lyric, 2013)
[Resumo] Estudo exhaustivo da presenza de -l- intervocálico latino ao longo do corpus da lírica profana galego-portuguesa, que se detecta na aparición da forma ‘color’ (vs. coor), ‘salido’ (vs. saído) e, sobre todo, na ...
A lingua pondaliana e a formación do estándar literario galego
(Real Academia Galega, 1991)
[Resumo]Estudo do contributo da lingua pondaliana á fixación da moderna lingua literaria galega, desde unha posición simultaneamente bergantiñá e de teor clásico, con múltiplas influencias do modelo expresivo camoniano.