A Lanza da Liberdade
Ver/ abrir
Use este enlace para citar
http://hdl.handle.net/2183/36593Coleccións
Metadatos
Mostrar o rexistro completo do ítemTítulo
A Lanza da LiberdadeTítulo(s) alternativo(s)
La Lanza de la LibertadThe Spear of Liberty
Autor(es)
Director(es)
Santos, IriaData
2023Centro/Dpto/Entidade
Universidade da Coruña. Facultade de Ciencias da comunicaciónDescrición
Traballo fin de grao (UDC.COM). Comunicación audiovisual. Curso 2022/2023Resumo
[Resumo] A Lanza da Liberdade” é un proxecto centrado no desenvolvementodun videoxogo utilizando o motor de xogo Godot, aproveitando os coñecementosadquiridos ao longo do Grao en Comunicación Audiovisual. Este videoxogo ten comoobxectivo principal recrear historicamente a invasión da cidade da Coruña por parte dasforzas inglesas e a valente resistencia liderada por María Pita. Neste contexto, o xogadorasumirá o papel de María Pita e Breogán, un soldado galego, inmersos nunha loitaencarnizada contra os invasores.
O propósito fundamental do videoxogo é brindar aos xogadores unha experienciainmersiva e educativa, permitíndolles vivir e comprender este episodio histórico coma sefosen partícipes directos del. Desta maneira, búscase non só entreter, senón tamén educar,transmitindo coñecementos sobre un momento crucial na historia da cidade da Coruña.
No contexto actual, as Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC) desempeñan unpapel fundamental na educación. Os mozos de hoxe, considerados nativos dixitais, atopannas TIC unha fonte de motivación e atracción. Este proxecto aprovéitase desta inclinaciónnatural cara á tecnoloxía para fomentar a aprendizaxe significativa. A experiencia de xogar através dun videoxogo non só resulta atractiva para os mozos, senón que tamén lles axuda aconsolidar coñecementos de maneira efectiva.
O desenvolvemento deste proxecto abarca diversas etapas esenciais. En primeiro lugar,implica unha investigación sobre o suceso histórico en cuestión, así como a identificacióndo público obxectivo e unha análise de mercado. Logo, require unha planificación doproceso de traballo, que inclúe a creación do guión, o deseño de personaxes e niveis, e aprogramación en Godot. Esta última fase conleva unha procura constante de informaciónpara aproveitar ao máximo as capacidades do programa.
Finalmente, establécese un plan de promoción a futuro, que inclúe a difusión do videoxogoa través de diversas plataformas e canles, como redes sociais e escolas. Isto garantirá que oproduto alcance á súa audiencia obxectivo e contribuirá ao seu éxito educativo e cultural.
Palabras chave
Videoxogo histórico
Videoxogo educativo
Programación
Godot
Videoxogo educativo
Programación
Godot
Dereitos
Os titulares dos dereitos de propiedade intelectual autorizan a visualización do contido deste traballo a través de Internet, así como a súa reproducción, gravación en soporte informático ou impresión para o seu uso privado e/ou con fins de estudo e de investigación. En nengún caso se permite o uso lucrativo deste documento. Estos dereitos afectan tanto ó resumo do traballo como o seu contido Los titulares de los derechos de propiedad intelectual autorizan la visualización del contenido de este trabajo a través de Internet, así como su repoducción, grabación en soporte informático o impresión para su uso privado o con fines de investigación. En ningún caso se permite el uso lucrativo de este documento. Estos derechos afectan tanto al resumen del trabajo como a su contenido