Pobreza e exclusión social na España actual: a Enquisa de Condicións de Vida no ano da covid-19
Use este enlace para citar
http://hdl.handle.net/2183/31832Coleccións
- ADE, Grao en [208]
Metadatos
Mostrar o rexistro completo do ítemTítulo
Pobreza e exclusión social na España actual: a Enquisa de Condicións de Vida no ano da covid-19Autor(es)
Director(es)
García-Carro Peña, BeatrizData
2022Centro/Dpto/Entidade
Universidade da Coruña. Facultade de Economía e EmpresaDescrición
Traballo fin de grao (UDC.ECO). ADE. Curso 2021/2022Resumo
[Resumo]: O presente traballo aborda a problemática da pobreza e da exclusión social en España
nun momento temporal marcado pola crise sanitaria da covid-19 e nun ano no que xa
deberían terse cumprido determinados obxectivos na materia, fixados unha década
atrás dende a Unión Europea.
Novas realidades sociais implican actualmente unha limitación das medidas de pobreza
tradicionais á hora de mostrar unha radiografía completa das situacións de
vulnerabilidade socio-económica que atravesa a poboación, de xeito que se fai
necesario recorrer a conceptos máis amplos coma o da exclusión social.
A Enquisa de Condicións de Vida (ECV), elaborada anualmente polo INE dende 2004,
proporciona unha inmensa cantidade de datos, tanto de pobreza como de exclusión,
sendo unha fonte moi valiosa e útil para avaliar a incidencia destes problemas en
España. Para analizar a situación actual será empregada a última ECV publicada, que,
por corresponder ao ano 2020, ten a particularidade de ser a primeira en recoller algúns
dos efectos da covid-19.
Entre as medidas de pobreza e exclusión que ofrece a ECV, destaca, polo gran peso da
información que contén, o AROPE (At Risk of Poverty and/or Exclusion), un indicador
agregado utilizado a nivel europeo para medir a porcentaxe de persoas que están en
risco de pobreza e/ou exclusión social.
Á vista da magnitude da taxa AROPE en España, interesa coñecer cales son os factores
(sociais, familiares, étnicos...) que, no ano 2020, determinaban un maior risco de
AROPE entre a poboación española. Para isto, partindo dos micro-datos da ECV 2020,
realizarase unha análise descritiva do AROPE segundo determinadas características
socio-demográficas da poboación, o cal permitirá anticipar cales factores determinan
unha maior propensión á exclusión. Posteriormente, cos mesmos datos, será elaborado
un modelo de regresión loxística que avaliará a incidencia destas variables na
probabilidade de sufrir AROPE. [Abstract]: This project is about the issue of poverty and social exclusion in Spain at a time marked
by the covid-19 health crisis and in a year in which certain objectives in the field, set a
decade ago by the European Union, should have been reached.
New social realities imply nowadays a limitation of traditional poverty measures in order
to show a complete vision of the situations of socioeconomic vulnerability that the
population goes through, so that it becomes necessary to resort to broader concepts
such as social exclusion.
The Enquisa de Condicións de Vida (ECV, Living Conditions Survey), prepared annually
by the INE (National Statistics Institute), provides an immense amount of data on both
poverty and social exclusion, being a very valuable source to assess the incidence of
these issues in Spain. In order to analyze the current situation, the last published ECV
(2020) will be used, which has the particularity of being the first to collect some of the
effects of covid-19.
Among the measures of poverty and exclusion offered by the ECV, the AROPE (At Risk
of Poverty and/or Exclusion), an aggregate indicator used by the European Union to
measure the percentage of people who suffer from this issue, stands out for the great
weight of the information it contains.
In view of the magnitude of the AROPE rate in Spain, it is interesting to know which are
the factors (social, family...) that, in the year 2020, determined a greater risk of AROPE
among the Spanish population. Starting from the micro-data of the ECV 2020, a
descriptive analysis of the AROPE will be carried out according to certain sociodemographic characteristics, which will allow to anticipate which factors determine a
greater propensity to exclusion. Subsequently, with the same data, an econometric
model of logistic regression will be developed, which will will evaluate the incidence of
these variables in the probability of suffering AROPE.
Palabras chave
Pobreza
Exclusión social
ECV
AROPE
Datos
Modelo
Regresión
Poverty
Social exclusion
Data
Model
Regression
Exclusión social
ECV
AROPE
Datos
Modelo
Regresión
Poverty
Social exclusion
Data
Model
Regression
Dereitos
Os titulares dos dereitos de propiedade intelectual autorizan a visualización do contido deste traballo a través de Internet, así como a súa reproducción, gravación en soporte informático ou impresión para o seu uso privado e/ou con fins de estudo e de investigación. En nengún caso se permite o uso lucrativo deste documento. Estos dereitos afectan tanto ó resumo do traballo como o seu contido Los titulares de los derechos de propiedad intelectual autorizan la visualización del contenido de este trabajo a través de Internet, así como su repoducción, grabación en soporte informático o impresión para su uso privado o con fines de investigación. En ningún caso se permite el uso lucrativo de este documento. Estos derechos afectan tanto al resumen del trabajo como a su contenido