Distribución marxinal en liña: A compra de produtos de segunda man a través de internet
Use este enlace para citar
http://hdl.handle.net/2183/31820Coleccións
- ADE, Grao en [208]
Metadatos
Mostrar o rexistro completo do ítemTítulo
Distribución marxinal en liña: A compra de produtos de segunda man a través de internetAutor(es)
Director(es)
Calvo-Porral, CristinaData
2022Centro/Dpto/Entidade
Universidade da Coruña. Facultade de Economía e EmpresaDescrición
Traballo fin de grao (UDC.ECO). ADE. Curso 2021/2022Resumo
[Resumo]: A compra e venda de segunda man existe dende hai séculos, mais a aparición das
novas tecnoloxías favoreceu o crecemento acelerado dos últimos anos. En vistas da
escaseza de investigacións centradas nas motivacións do consumidor, a investigación
tivo o obxectivo de identificar as variables con influencia na intención de mercar produtos
de segunda man en internet.
Levouse a cabo un estudo empírico que partiu do modelo da aceptación e uso da
tecnoloxía (TAM). Seleccionáronse as variables máis importantes do modelo (utilidade
percibida e facilidade de uso percibida) e engadiuse o risco percibido, o aforro esperado,
a motivación ética e ambiental.
Difundiuse unha enquisa en liña de xeito aleatorio entre persoas adultas residentes no
país, con 371 respostas válidas rexistradas. A evidencia recollida demostrou que o
consumidor ten intención de mercar segunda man en liña grazas ao aforro esperado, é
a variable máis importante. A utilidade percibida da plataforma de venda inflúe
lixeiramente menos e apenas incide a motivación ambiental. Polo tanto, as tres variables
poden augurar o comportamento, as restantes rexéitanse por non influír
significativamente [Abstract]: The second hand sell and purchase has existed for centuries, however the creation of
the new technologies favoured the fast growth of the last years. In sights of the shortage
of consumer motivation investigations, this study had the objective of identifying the
variables with influence on the intention of buying second-hand product buying on the
Internet.
An empirical study was done from the acceptance and use of the technology model
(TAM). The most important variables of the model (perceived usefulness and perceived
ease of use) were selected and added the variables perceived risk, expected savings,
ethical motivation and environmental motivation.
An online survey were randomly spreadded between adults residents in Spain, with 371
valid answers collected. The empirical evidence showed that the customer intends to
buy second hand items online due to the expected savings, which is the most important
variable. The perception of usefulness of the salling platforms has slightly less influence
and hardly affects the decisions, and also environmental motivation hardly matters.
Therefore, those three factors can predict consumer behaviour. The remaining variables
are refused as they are not influencing significantly.
Palabras chave
Intención de compra
Segunda man
Modelo TAM
Comercio electrónico
Aforro esperado
Motivación ambiental
Utilidade percibida
Shopping motivation
Second-hand
TAM model
E-commerce
Expected savings
Environmental motivation
Perceived usefulness
Segunda man
Modelo TAM
Comercio electrónico
Aforro esperado
Motivación ambiental
Utilidade percibida
Shopping motivation
Second-hand
TAM model
E-commerce
Expected savings
Environmental motivation
Perceived usefulness
Dereitos
Os titulares dos dereitos de propiedade intelectual autorizan a visualización do contido deste traballo a través de Internet, así como a súa reproducción, gravación en soporte informático ou impresión para o seu uso privado e/ou con fins de estudo e de investigación. En nengún caso se permite o uso lucrativo deste documento. Estos dereitos afectan tanto ó resumo do traballo como o seu contido Los titulares de los derechos de propiedad intelectual autorizan la visualización del contenido de este trabajo a través de Internet, así como su repoducción, grabación en soporte informático o impresión para su uso privado o con fines de investigación. En ningún caso se permite el uso lucrativo de este documento. Estos derechos afectan tanto al resumen del trabajo como a su contenido