A cidade da Coruña e a Facultade de Ciencias da UDC acollen e organizan o “Encontro Enothe 2009”, de Terapia Ocupacional, que se celebra dende o día 15 de outubro até o día 16 de outubro, nas aulas da Facultade de Socioloxía.
Trátase da décimo quinta edición destes encontros, que en anos anteriores tiveron sede en cidades como Berlín, Ankara ou Viena. Celébranse cada ano, centrándose de cada vez nun tema diferente. Este ano, as sesións dedícanse ao Ano Europeo da Creatividade e a Innovación. A Asamblea Xeral da Enothe elixiu a cidade da Coruña como sede nunha votación democrática entre os seus membros, por consideraren que a titulación de Terapia Ocupacional aumentaba a súa valoración na UDC, ao pasar de tres a catro anos de estudo, debido ao Plano Boloña, e dando, así, acceso a estudos de posgrao, investigación e doutoramento.
Enothe, European Network of Occupational Therapy in Higher Education (Rede Europea de Terapia Ocupacional na Educación Superior), foi fundada en 1995 no marco da Unión Europea, a iniciativa de COTEC, Council of Occupational Therapists for the European Countries (Consello de Terapeutas Ocupacionais dos Países Europeos) con apoio da ERASMUS, e ten como obxectivo principal o impulso da Terapia Ocupacional e o seu ensino universitario, así como a cooperación dos distintos colectivos que teñen que ver con esta ciencia para o seu desenvolvemento e promoción.

Programa final

Presentación

Opening

Discurso de inauguración

Envíos recentes