Aplicación web para aprender a programar usando a librería de Google Blockly

Use this link to cite
http://hdl.handle.net/2183/24115
Except where otherwise noted, this item's license is described as Atribución-NoComercial-SinDerivadas 3.0 España
Collections
Metadata
Show full item recordTitle
Aplicación web para aprender a programar usando a librería de Google BlocklyAuthor(s)
Directors
Álvarez Díaz, ManuelDate
2019Center/Dept./Entity
Universidade da Coruña. Facultade de InformáticaDescription
Traballo fin de grao (UDC.FIC). Enxeñaría informática. Curso 2018/2019Abstract
[Resumo] Neste proxecto búscase brindarlle a calquera persoa a posibilidade de aprender as bases da programación mediante o desenvolvemento dunha aplicación web que lle permitirá familiarizarse cos elementos comúns na maioría das linguaxes de programación, amais de poder compartir e consultar os traballos realizados por outros usuarios. Dentro da aplicación, os usuarios poden arrastrar e encadear diferentes pezas que representen valores, asignacións, operadores, bucles e outros elementos de programación, chegando
a formar un pequeno programa que poidan executar e ver a súa saída por pantalla. Tamén
poden visualizar a modo ilustrativo como se traduciría, a linguaxes de programación reais
como Python ou JavaScript, o programa que acaban de crear. Para implementar os aspectos visuais dun editor que permita estas operacións faise uso da biblioteca Blockly. Ademais, un usuario pode rexistrarse na aplicación, o cal lle permite gardar eses programas e modificalos nun futuro, así como compartilos con outros usuarios e poder aprender dos traballos doutras persoas. O usuario poderá establecer diferentes permisos aos seus traballos para restrinxir que usuarios poden acceder a eles. Aínda que a aplicación tamén pode ser usada por calquera persoa individualmente, ten un claro carácter educativo e os usuarios poden diferenciarse entre profesores e alumnos. Un usuario co rol profesor pode crear grupos nos que incluirá alumnos aos que lles propoñerá exercicios que eles poderán resolver. Máis tarde, o profesor poderá revisar as solucións dadas e dentro de cada grupo tamén dispoñen dun chat para comunicarse entre os seus membros.
Keywords
Aplicación web
Educación
Programación
Aprendizaxe
Social
Angular
Blockly
Web application
Education
Programming
Learning
Educación
Programación
Aprendizaxe
Social
Angular
Blockly
Web application
Education
Programming
Learning
Rights
Atribución-NoComercial-SinDerivadas 3.0 España