A promoción do deporte inclusivo como experiencia de Aprendizaxe-Servizo en Terapia Ocupacional
Ver/Abrir
Use este enlace para citar
http://hdl.handle.net/2183/22736
Excepto si se señala otra cosa, la licencia del ítem se describe como Atribución-NoComercial-CompartirIgual 4.0 España
Colecciones
Metadatos
Mostrar el registro completo del ítemTítulo
A promoción do deporte inclusivo como experiencia de Aprendizaxe-Servizo en Terapia OcupacionalAutor(es)
Fecha
2018Cita bibliográfica
Pousada García, Thais (2018). A promoción do deporte inclusivo como experiencia de Aprendizaxe-Servizo en Terapia Ocupacional. Póster presentado en: II Xornadas de Innovación Docente. Cufie. Universidade da Coruña. (pág. 407-409). En: E. de la Torre Fernández, (ed.) (2018). Contextos universitarios transformadores: retos e ideas innovadoras. DOI libro: https://doi.org/10.17979/spudc.9788497496780
Resumen
[Resumo] Os/as alumnos/as de 3º do Grao en Terapia Ocupacional (cursos 2015/2016 e 2016/2017),
participaron en actividades para a promoción do deporte inclusivo, baixo a temática de “solidariedade e
cooperación” (concienciación, difusión e intervención cívica). A iniciativa parte da entidade Fundación
Abrente, no Club Deportivo Inclusivo ENKI.
Obxectivos do servizo:
Transformar a actitude dos xoves e poboación xeral ante a discapacidade.
Dar difusión e fomentar a práctica de deportes adaptados, de xeito inclusivo.
Fomentar a consciencia ante a diversidade funcional.
Recoñecer os logros e as dificultades superables.
Metodoloxía: Propuxéronse tres tipos de actividades: escolas deportivas inclusivas, sensibilización
sobre deporte adaptado en centros educativos, e sesións de adestramento para deportistas con
diversidade.
Os principais actores foron: estudantes de TO (n= 85), deportistas (3) e representantes do Club ENKI
(3). Os destinatarios do servizo foron persoas con diversidade funcional, nenos/as e profesores de
centros educativos de primaria e secundaria (1523 participantes en 21 centros).
Resultados: Con esta experiencia pretendeuse que os estudantes se achegasen á realidade, desde a
perspectiva da TO, aplicando unha observación consciente, reflexiva e práctica, complementado coa
adquisición de competencias profesionais.
A satisfacción de todas as partes demóstrase coas súas testemuñas, participación activa, e
repercusións nas redes.
Conclusións: Destácanse os beneficios para estudantes de TO (no tanto que se facilita a integración da
teoría na práctica e adquisición de competencias profesionais), e para os destinatarios, xa que se
consegue unha auténtica proposta de sensibilización, promovendo a inclusión e igualdade de
oportunidades para todos/as, neste caso, a través do deporte
Palabras clave
Deporte inclusivo
Aprendizaxe-servizo
Terapia ocupacional (TO)
Autonomía persoal.
Aprendizaxe-servizo
Terapia ocupacional (TO)
Autonomía persoal.
Derechos
Atribución-NoComercial-CompartirIgual 4.0 España