Servicios de orientación externa ós centros educativos non universitarios nas comunidades autónomas: unha análise comparada

View/ Open
Use this link to cite
http://hdl.handle.net/2183/6625Collections
Metadata
Show full item recordTitle
Servicios de orientación externa ós centros educativos non universitarios nas comunidades autónomas: unha análise comparadaDate
1997Citation
Revista galego-portuguesa de psicoloxía e educación, 1997, 1: 289-304 ISSN: 1138-1663
Abstract
[Resumo] A presente comunicación pretende ofrecer unha panorámica dos servicios de orientación externa ós centros educativos non universitarios no ámbito das diversas Comunidades Autónomas, así como o seu encaixe no actual proceso de reforma educativa. Con tal fin analízanse as similitudes
e diferencias destes servicios nas diferentes Comunidades en tomo ós seguintes elementos: Denominación, regulación, dependencia definición, ámbito de actuación, composición, modo de acceso a funcións. Dende a creación dos Servicios de Orientación Escolar e Vocacional para atender ós alumnos de EXB (Orden Ministerial de 30 de Abril de 1977) e ata o momento actual, os cambios producidos foron importantes para estes servicios. Entre outros destaca a transformación producida como consecuencia das transferencias educativas ás distintas Comunidades Autónomas do Estado Español, pasando de ter unha estructura central e provincial, a unha organización configurada polas respectivas Comunidades Autónomas. Ademáis das diversas normas legais promulgadas polo MEC para os servicios de orientación nestes anos no ámbito da súa competencia, tamén aquelas Comunidades con competencias educativas plenas foron publicando diversas disposicións nas que se definen, organizan e especifican as funcións correspondentes ós equipos de apoio externo. A súa regulación é nalgúns casos anterior á LOXSE e noutros posterior, pero en todo caso en todas elas estanse a producir adaptacións que tentan enmarca-los equipos de orientación no contexto da reforma educativa actualmente en marcha
Keywords
Orientación externa nas Comunidades Autónomas e no Ministerio de Educación e Cultura (MEC): similitudes e diferencias
Intervención psicopedagóxica
Zona ou sector
Orientación académica, psicopedagóxica e profesional
Reforma educativa
Intervención psicopedagóxica
Zona ou sector
Orientación académica, psicopedagóxica e profesional
Reforma educativa
ISSN
1138-1663