Mostrar o rexistro simple do ítem

dc.contributor.authorGómez-Durán, Bernardo José
dc.contributor.authorGarcía-Fernández, Manuel
dc.date.accessioned2010-01-26T12:47:52Z
dc.date.available2010-01-26T12:47:52Z
dc.date.issued1997
dc.identifier.citationRevista galego-portuguesa de psicoloxía e educación, 1997, 1: 487-488 ISSN: 1138-1663es_ES
dc.identifier.issn1138-1663
dc.identifier.urihttp://hdl.handle.net/2183/6601
dc.description.abstract[Resumo] A familia ven senda obxecto de atención preferente por parte de psicólogos, pedagogos, antropólogos, sociólogos, médicos, etc, e tal despliegue de interese científico non está nin moito menos inxustificado. A familia presenta un dos grupos sociais a través dos cales se vertebra o tecido social, pero tamén cumpre funcións esenciais para facilitar o desenvolvemento e a educación dos seus membros, e isto tanto nos aspectos relacionados coa intelixencia, o desenvolvemento da personalidade ou o desenvolvemento social. Handel (1985) sinala que cando as persoas adultas forman una familia traen consigo certos significados derivados da súa cultura e das súas historias individuais. Mais ademáis de representar a súa cultura e as súas historias individuais, a familia crea os seus propios significados a través da súa interacción. Dende o punto de vista sistémico a nasa análise quere partir do feito de que tamén o contexto cultural ten un efecto inductor sobre o funcionamento familiar e sobre os diversos aspectos do desenvolvemento e a educación dos seus membros, especialmente filIos e filIas. Os plantexamentos teóricos en torno a este tema non chegan a esgotarse na perspectiva sistémica antedita, se non polo contrario, complétanse con outros enfoques. O propio Bronfenbrenner chega a soster que a familia representa un medio de trascendental importancia para o desenvolvemento e a socialización dos individuos e que nela os suxeitos realizan roles e actividades específicas que son fundamentais para o seu desenvolvemento persoal e social. E isto é algo no que moitos presupostos teóricos parece estar a compartir. Tamén analizamos o conxunto das expectativas que os filIas e filIas teñen sobre o funcionamento familiar. Neste senso non podemos ma!s que suliñar as aportacións de Bandura (1981, 1986), Musitu, Román e Gracia (1988), Wittrock, 1990, ou Rogers, 1982. A teoría social-cognitiva de Bandura pon de relieve que os rendementos nas tarefas dos suxeitos condiciónanse polas elaboracións cognitivas que istos realicen e que median entre as habilidades que posuen, as súas execucións e as consecuencias que reciben. Si ternos en conta o antedito é preciso por de manifesto a modo de presupostos- que o funcionamento familiar está parcialmente condicionado polo contexto socio-cultural no que as familias se desenvolvan, que a avaliación pode ser tida en conta dende a tipoloxía do modelo circunflexo, reflexando as diversas formas de interacción familiar, e que as percepcións sobre a competencia median a actividade e as metas de nais/pais e filIas/filIos. As interrelacións existentes entre a familia e o medio escolar, cando estudamos a filIos e filIa nesta idade son de extraordinaria importancia. Parece que as investigacións apuntan o feito que o rendemento escolar e as habilidades cognitivas e sociais dos suxeitos na escola dependen en moita medida do climax familiar no que o neno/a se desenvolve. Clima familiar que depende da estructura, estilos, e das interaccións familiares que se produzan. A importancia da intervención no medio familiar poderíase xustificar, tal e como sinalan Nelson (1984), Musitu e cols. (1985), polo clima familiar, o cal relaciónase directamente coa intelixencia, logro escolar, autoestima escolar, competencia cognitivo-emocional e desenvolvemento socioeconómico adecuado. Nin que decir ten que a familia non é un contexto que se poda estudar tan só na súa influencia cando os filIos/as son infantes ou adolescentes. A importancia da familia e as posibilidades de intervención evolutivo-educativa adentranse na etapa adulta e na terceira idade. Polo tanto a familia como contexto de desenvolvemento ten importancia ó longo de todo o ciclo vital representando, como diría Serra Desfilis, un dos motores do cambio evolutivo, receptora e xeneradora dos sucesos evolutivos acaecidos na adultez e senectude.
dc.language.isoglges_ES
dc.publisherUniversidade da Coruñaes_ES
dc.titleExtracto da ponencia: A intervención no contexto do desenvolvemento familiares_ES
dc.typeinfo:eu-repo/semantics/articlees_ES
dc.rights.accessinfo:eu-repo/semantics/openAccess


Ficheiros no ítem

Thumbnail

Este ítem aparece na(s) seguinte(s) colección(s)

Mostrar o rexistro simple do ítem