Uso dunha ferramenta de traballo cooperativo para incorporar a perspectiva de xénero na materia de grao Enfermaría Comunitaria
![Thumbnail](/dspace/bitstream/handle/2183/37299/Freijomil_Vazquez_Carla_2020_Uso_ferramenta_traballo.pdf.jpg?sequence=5&isAllowed=y)
Use este enlace para citar
http://hdl.handle.net/2183/37299
A non ser que se indique outra cousa, a licenza do ítem descríbese como Atribución-NoComercial-CompartirIgual 3.0 España
Coleccións
Metadatos
Mostrar o rexistro completo do ítemTítulo
Uso dunha ferramenta de traballo cooperativo para incorporar a perspectiva de xénero na materia de grao Enfermaría ComunitariaData
2020Cita bibliográfica
Freijomil Vázquez, C., Movilla Fernández, M. J., & Coronado, C. (2020). Uso dunha ferramenta de traballo cooperativo para incorporara perspectiva de xénero na materia de grao Enfermaría Comunitaria. En: Contextos universitarios tranformadores: boas prácticas no marco dos GID (pp. 545-548). Universidade da Coruña
Resumo
[Resumo] Introdución: O nivel de saúde dos individuos e as comunidades está condicionado polo medio
ambiente que inclúe determinantes sociais como o sexo, a igualdade de xénero, a pobreza e a
equidade (OMS). En política de xénero, esta organización indica que a integración das
perspectivas de xénero na acción sanitaria obedece a un criterio xusto de saúde pública.
Obxectivo: Avaliar o impacto na aprendizaxe e a satisfacción do estudantado dunha materia de
segundo curso de Grao en Enfermaría, Enfermaría Comunitaria I, tras a incorporación da
perspectiva de xénero e as desigualdades sociais en saúde.
Metodoloxía: Desenvolvéronse tres talleres de docencia interactiva en grupos de 20
estudantes, de hora e media de duración. Realizáronse lecturas (que incorporaban a
perspectiva de xénero e as desigualdades sociais en saúde comunitaria) e dinámicas de
debate. Para avaliar o impacto na aprendizaxe do noso estudantado utilizáronse dous
cuestionarios con preguntas abertas, un previo á primeira sesión e outro ao final da última; para avaliar a satisfacción empregouse un cuestionario de trece preguntas pechadas de tipo
Likert. Os datos analizáronse mediante metodoloxía descritiva cuantitativa-cualitativa
(Hernández-Sampieri & Mendoza Torres, 2018).
Conclusións: Comprobamos a necesidade de incorporar a perspectiva de xénero ao
pensamento crítico nos problemas de saúde da comunidade. A meirande parte do alumnado
constataron a necesidade de reflexionar en como inflúen de distinta maneira nos problemas de
saúde de mulleres e homes, non só os factores biolóxicos senón tamén os relacionados co
estilo de vida e as diferenzas no acceso e uso dos servizos do sistema sanitario.
Palabras chave
Traballo cooperativo
Innovación docente
Perspectiva de xénero
Enfermaría
Enfermaría comunitaria
Trabajo cooperativo
Perspectiva de género
Enfermería
Enfermería comunitaria
Innovación docente
Perspectiva de xénero
Enfermaría
Enfermaría comunitaria
Trabajo cooperativo
Perspectiva de género
Enfermería
Enfermería comunitaria
Versión do editor
Dereitos
Atribución-NoComercial-CompartirIgual 3.0 España