“Campus, casa, cidade: Laboratorios do cambio”, un proxecto multidisciplinar para promover a sustentabilidade ambiental e social
Use este enlace para citar
http://hdl.handle.net/2183/36899
A non ser que se indique outra cousa, a licenza do ítem descríbese como Atribución-NoComercial-CompartirIgual 3.0 España
Coleccións
Metadatos
Mostrar o rexistro completo do ítemTítulo
“Campus, casa, cidade: Laboratorios do cambio”, un proxecto multidisciplinar para promover a sustentabilidade ambiental e socialAutor(es)
Data
2020Cita bibliográfica
Torrijos Pérez, V., Soto Castiñeira, M., Vega Marcote, P., Varela-García, F.A., Calvo Dopico, D. (2020). “Campus, casa, cidade: Laboratorios do cambio”, un proxecto multidisciplinar para promover a sustentabilidade ambiental e social. En: De la Torre Fernández, E. (ed.) (2020). Contextos universitarios transformadores: Boas prácticas no marco dos GID. IV Xornadas de Innovación Docente. Cufie. Universidade da Coruña, p. 553-556. DOI: https://doi.org/10.17979/spudc.9788497497756
Referencia a
https://doi.org/10.17979/spudc.9788497497756
Resumo
[Resumo:] A sustentabilidade ambiental supón un reto estratéxico para a Universidade da Coruña (UDC). Para conseguilo, desenvólvense programas centrados na promoción de valores como a conservación dos recursos naturais e a adquisición de habilidades para a súa xestión eficiente. Destacamos o Proxecto "Educando para a sustentabilidade", financiado pola Fundación Alcoa, que baixo o título "Campus, casa, cidade: laboratorios de cambio", promove a formación en sustentabilidade ambiental e social e busca resposta a cuestións hoxe prioritarias para a sociedade, como o cambio climático, a produción e xestión de residuos, a economía circular ou a mobilidade sustentábel, entre outros. As metodoloxías propostas inclúen formación teórico-práctica, conferencias, visitas técnicas, obradoiros e traballo de campo, combinando actividades individuais e de grupo e aproveitando a vivenda, a universidade e a cidade como lugares para a investigación e a experimentación. Distinguíronse 4 módulos na programación: Obradoiros (grupos reducidos): xestión de residuos e compostaxe, pegada ecolóxica e hídrica, TIC para xeorreferenciación e mapeo participativo, auditorías do consumo de auga e enerxía (382 persoas participantes); Conferencias (programa extenso en actualidade ambiental a cargo de persoas expertas, sumou 989 participantes), visitas técnicas e actividades de campo (747 participantes), Ciclo de cinema (77 participantes nunha convocatoria), exposicións (máis de 540 participantes). Sumouse un total de 1.394 persoas (curso 2017/2018) e de 2.345 participantes (curso 2018/2019). O póster presenta os resultados de participación en detalle, e analiza a satisfacción das persoas participantes: avaliación Boa/Moi Boa do 94,7±0,03% (Manchando as mans), 89,2±0,01% (Obradoiros), 89,0±0,04% (Conferencias), para un total de 686 respostas.
Palabras chave
Sustentabilidade
Educación ambiental
TICs
Oficina de Medio Ambiente
OMA
UDC
Educación ambiental
TICs
Oficina de Medio Ambiente
OMA
UDC
Dereitos
Atribución-NoComercial-CompartirIgual 3.0 España
ISSN
2605-1222