Mostrar o rexistro simple do ítem

dc.contributor.authorCouso Núñez, Serxio
dc.contributor.otherUniversidade da Coruña. Facultade de Filoloxíaes_ES
dc.date.accessioned2023-11-28T11:33:49Z
dc.date.available2023-11-28T11:33:49Z
dc.date.issued2022
dc.identifier.urihttp://hdl.handle.net/2183/34356
dc.description.abstract[Resumo] O obxectivo do noso traballo é examinarmos unha personaxe singular no conxunto da produción literaria de Ramón Otero Pedrayo: o Maroutallo. Para isto, realizamos unha aproximación completa do libro homónimo: indagamos nas circunstancias culturais e editoriais do momento de publicación, demostramos a excepcionalidade da súa protagonista no conxunto da obra oteriana e analizamos tanto a forma como o contido do relato. Focámonos, sobre todo, na caracterización e na evolución persoal do Maroutallo, xa que nos permite indagar nos seguintes temas: as mulleres como suxeitos con desexo sexual, o proceso de socialización feminina ou a realidade dos corpos non-normativos. Na primeira parte, situamos a obra no contexto en que foi editada. Deste modo, repasamos a posición que Otero ocupaba como escritor no sistema literario galego da altura, así como as consecuencias da súa conversión en símbolo nacional nos seus últimos anos de vida. A seguir, introducimos o proxecto editorial a que Otero entregou O Maroutallo e valoramos as posíbeis razóns desta incorporación. Por último, situamos a obra no conxunto da produción oteriana, facendo fincapé no carácter excepcional de unha personaxe feminina posuír un protagonismo tan claro. Precisamente, na seguinte sección tratamos de nos aproximar ao Maroutallo por medio da comparación con outras figuras femininas creadas por Otero, tanto para coñecermos as posíbeis correspondencias literarias como para singularizarmos a nosa protagonista. Desta maneira, realizamos unha breve aproximación teórica ás mulleres do corpus oteriano e presentamos posíbeis precedentes dalgúns trazos que caracterizan o Maroutallo. Por outra parte, despois de expormos o argumento da obra, explicamos as razóns de o xénero do novelo ser o máis adecuado para o desenvolvemento da acción narrativa, sobre todo no concernente ás mudanzas que experimenta a protagonista. Nesta liña, describimos os trazos definitorios das personaxes secundarias e indicamos as funcións estruturais que exercen no relato. Sobre o proceso de transformación que sofre o Maroutallo versa a última parte. En primeiro lugar, presentamos o singular tratamento que Otero ofrece da sexualidade da protagonista. A seguir, afondamos no proceso de socialización que experimenta o Maroutallo, cuxa identidade como muller vai en función de se mantén ou non un vínculo cun home, quer como amante, quer como esposa, quer como nai. Por último, preguntámonos se este novelo, na medida en que o corpo e a actitude da protagonista son descritos desde parámetros non heteronormativos, podería facer parte dunha posíbel literatura queer.es_ES
dc.language.isoglges_ES
dc.rightsOs titulares dos dereitos de propiedade intelectual autorizan a visualización do contido deste traballo a través de Internet, así como a súa reproducción, gravación en soporte informático ou impresión para o seu uso privado e/ou con fins de estudo e de investigación. En nengún caso se permite o uso lucrativo deste documento. Estos dereitos afectan tanto ó resumo do traballo como o seu contido Los titulares de los derechos de propiedad intelectual autorizan la visualización del contenido de este trabajo a través de Internet, así como su repoducción, grabación en soporte informático o impresión para su uso privado o con fines de investigación. En ningún caso se permite el uso lucrativo de este documento. Estos derechos afectan tanto al resumen del trabajo como a su contenidoes_ES
dc.subjectOtero Pedrayo, Ramónes_ES
dc.subjectLiteratura galegaes_ES
dc.subjectMulleres_ES
dc.subjectDesexo sexuales_ES
dc.subjectPersonaxes femininases_ES
dc.subjectO Maroutalloes_ES
dc.titleO Maroutallo: Unha obra singular no corpus oterianoes_ES
dc.title.alternativeO Maroutallo: Una obra singular en el corpus oterianoes_ES
dc.title.alternativeO Maroutallo: A Unique Text in Otero Pedrayo’s Writinges_ES
dc.typeinfo:eu-repo/semantics/bachelorThesises_ES
dc.rights.accessinfo:eu-repo/semantics/openAccesses_ES
dc.description.traballosTraballo fin de grao (UDC.FIL). Galego e portugués estudios lingüísticos e literarios. Curso 2021/2022es_ES


Ficheiros no ítem

Thumbnail

Este ítem aparece na(s) seguinte(s) colección(s)

Mostrar o rexistro simple do ítem