O Maroutallo: Unha obra singular no corpus oteriano
Use este enlace para citar
http://hdl.handle.net/2183/34356Coleccións
Metadatos
Mostrar o rexistro completo do ítemTítulo
O Maroutallo: Unha obra singular no corpus oterianoTítulo(s) alternativo(s)
O Maroutallo: Una obra singular en el corpus oterianoO Maroutallo: A Unique Text in Otero Pedrayo’s Writing
Autor(es)
Data
2022Centro/Dpto/Entidade
Universidade da Coruña. Facultade de FiloloxíaDescrición
Traballo fin de grao (UDC.FIL). Galego e portugués estudios lingüísticos e literarios. Curso 2021/2022Resumo
[Resumo] O obxectivo do noso traballo é examinarmos unha personaxe singular no conxunto
da produción literaria de Ramón Otero Pedrayo: o Maroutallo. Para isto, realizamos unha
aproximación completa do libro homónimo: indagamos nas circunstancias culturais e
editoriais do momento de publicación, demostramos a excepcionalidade da súa protagonista
no conxunto da obra oteriana e analizamos tanto a forma como o contido do relato.
Focámonos, sobre todo, na caracterización e na evolución persoal do Maroutallo, xa que nos
permite indagar nos seguintes temas: as mulleres como suxeitos con desexo sexual, o proceso
de socialización feminina ou a realidade dos corpos non-normativos.
Na primeira parte, situamos a obra no contexto en que foi editada. Deste modo,
repasamos a posición que Otero ocupaba como escritor no sistema literario galego da altura,
así como as consecuencias da súa conversión en símbolo nacional nos seus últimos anos de
vida. A seguir, introducimos o proxecto editorial a que Otero entregou O Maroutallo e
valoramos as posíbeis razóns desta incorporación. Por último, situamos a obra no conxunto da
produción oteriana, facendo fincapé no carácter excepcional de unha personaxe feminina
posuír un protagonismo tan claro.
Precisamente, na seguinte sección tratamos de nos aproximar ao Maroutallo por
medio da comparación con outras figuras femininas creadas por Otero, tanto para coñecermos
as posíbeis correspondencias literarias como para singularizarmos a nosa protagonista. Desta
maneira, realizamos unha breve aproximación teórica ás mulleres do corpus oteriano e
presentamos posíbeis precedentes dalgúns trazos que caracterizan o Maroutallo. Por outra
parte, despois de expormos o argumento da obra, explicamos as razóns de o xénero do novelo
ser o máis adecuado para o desenvolvemento da acción narrativa, sobre todo no concernente ás mudanzas que experimenta a protagonista. Nesta liña, describimos os trazos definitorios
das personaxes secundarias e indicamos as funcións estruturais que exercen no relato.
Sobre o proceso de transformación que sofre o Maroutallo versa a última parte. En
primeiro lugar, presentamos o singular tratamento que Otero ofrece da sexualidade da
protagonista. A seguir, afondamos no proceso de socialización que experimenta o Maroutallo,
cuxa identidade como muller vai en función de se mantén ou non un vínculo cun home, quer
como amante, quer como esposa, quer como nai. Por último, preguntámonos se este novelo,
na medida en que o corpo e a actitude da protagonista son descritos desde parámetros non heteronormativos, podería facer parte dunha posíbel literatura queer.
Palabras chave
Otero Pedrayo, Ramón
Literatura galega
Muller
Desexo sexual
Personaxes femininas
O Maroutallo
Literatura galega
Muller
Desexo sexual
Personaxes femininas
O Maroutallo
Dereitos
Os titulares dos dereitos de propiedade intelectual autorizan a visualización do contido deste traballo a través de Internet, así como a súa reproducción, gravación en soporte informático ou impresión para o seu uso privado e/ou con fins de estudo e de investigación. En nengún caso se permite o uso lucrativo deste documento. Estos dereitos afectan tanto ó resumo do traballo como o seu contido Los titulares de los derechos de propiedad intelectual autorizan la visualización del contenido de este trabajo a través de Internet, así como su repoducción, grabación en soporte informático o impresión para su uso privado o con fines de investigación. En ningún caso se permite el uso lucrativo de este documento. Estos derechos afectan tanto al resumen del trabajo como a su contenido