Mostrar o rexistro simple do ítem

dc.contributor.advisorLópez, Teresa
dc.contributor.authorCarril Espido, Jorge
dc.contributor.otherUniversidade da Coruña. Facultade de Filoloxíaes_ES
dc.date.accessioned2023-11-28T11:03:16Z
dc.date.available2023-11-28T11:03:16Z
dc.date.issued2022
dc.identifier.urihttp://hdl.handle.net/2183/34354
dc.description.abstract[Resumo] O presente traballo ten por obxectivo principal estudar a recreación da temática medieval na obra Na brétema, Sant-Iago (1956), o segundo libro de poemas en galego publicado por Luís Seoane López (Bos Aires, 1910- A Coruña, 1979), a figura máis representativa da cultura galega no exilio. Así, no traballo estúdanse os distintos elementos da inspiración medieval presentes no libro a partir da análise das composicións poéticas que o integran. O traballo comeza cunha breve introdución sobre ás actualizacións da Idade Media na literatura, principalmente na galega, entre as que destacan as novelas históricas de Antonio López Ferreiro, a reelaboración da Materia de Bretaña ou o movemento poético do neotrobadorismo. Ademais, neste primeiro capítulo tamén se analiza o importante papel desempeñado polo pasado medieval no contexto da cultura galega do exilio, onde o Medievo recibiu un tratamento moi distinto do que se lle daba na Galicia interior. A seguir, no segundo capítulo do traballo realízase unha breve presentación da comunidade galega na diáspora, facendo especial fincapé na distinción entre emigrados e exiliados. Así, neste capítulo achégase o necesario contexto histórico sobre a emigración galega a América e sobre o exilio republicano despois da Guerra Civil, alén de esclarecer as principais diferenzas entre estes dous colectivos tan complexos como heteroxéneos. En terceiro lugar, inclúese un breve estado da cuestión acerca da presenza da Idade Media na produción, tanto literaria como pictórica, de Luís Seoane, un dos creadores que máis fascinación sentiron por este período da nosa historia. Neste terceiro capítulo realízase unha mención ás súas obras en que máis relevancia ten a temática medieval, alén de esclarecer a visión da historia que tiña Seoane, unha visión de tipo materialista e dialéctico que consideraba o pobo como o verdadeiro protagonista do proceso histórico. A seguir, despois destes capítulos introdutorios, realízase un estudo da obra seleccionada, Na brétema, Sant-Iago (1956) de Luís Seoane. Este quinto capítulo, que constitúe o núcleo do noso traballo, está composto por dúas partes ben diferenciadas: primeiramente unha descrición editorial cos datos bibliográficos da obra e, en segundo lugar, un estudo dos elementos de temática medieval presentes no libro, como a presenza dos espazos da Compostela medieval e do Camiño de Santiago, do románico e das artes gráficas e a recreación dos personaxes do Medievo galego. Por último, inclúense unhas breves conclusións sobre os resultados obtidos co noso estudo de Na brétema, Sant-Iago. Neste capítulo final reflexiónase sobre a importancia da obra seleccionada no contexto da cultura galega da diáspora, alén de sinalar os aspectos máis importantes na actualización que fai Seoane da temática medieval neste libro, un dos títulos máis destacados no panorama da literatura galega no exilio americano que aínda require dunha maior atención por parte dos estudos académicos.es_ES
dc.language.isoglges_ES
dc.rightsOs titulares dos dereitos de propiedade intelectual autorizan a visualización do contido deste traballo a través de Internet, así como a súa reproducción, gravación en soporte informático ou impresión para o seu uso privado e/ou con fins de estudo e de investigación. En nengún caso se permite o uso lucrativo deste documento. Estos dereitos afectan tanto ó resumo do traballo como o seu contido Los titulares de los derechos de propiedad intelectual autorizan la visualización del contenido de este trabajo a través de Internet, así como su repoducción, grabación en soporte informático o impresión para su uso privado o con fines de investigación. En ningún caso se permite el uso lucrativo de este documento. Estos derechos afectan tanto al resumen del trabajo como a su contenidoes_ES
dc.subjectSeoane López, Luíses_ES
dc.subjectNa brétema, Sant-Iagoes_ES
dc.subjectLiteratura galega no exilioes_ES
dc.subjectIdade Mediaes_ES
dc.titleA recreación da Galicia medieval en Na brétema Sant-Iagoes_ES
dc.typeinfo:eu-repo/semantics/bachelorThesises_ES
dc.rights.accessinfo:eu-repo/semantics/openAccesses_ES
dc.description.traballosTraballo fin de grao (UDC.FIL). Galego e portugués estudios lingüísticos e literarios. Curso 2021/2022es_ES


Ficheiros no ítem

Thumbnail

Este ítem aparece na(s) seguinte(s) colección(s)

Mostrar o rexistro simple do ítem