A recreación da Galicia medieval en Na brétema Sant-Iago

Use este enlace para citar
http://hdl.handle.net/2183/34354Colecciones
Metadatos
Mostrar el registro completo del ítemTítulo
A recreación da Galicia medieval en Na brétema Sant-IagoAutor(es)
Directores
López, TeresaFecha
2022Centro/Dpto/Entidad
Universidade da Coruña. Facultade de FiloloxíaDescripción
Traballo fin de grao (UDC.FIL). Galego e portugués estudios lingüísticos e literarios. Curso 2021/2022Resumen
[Resumo] O presente traballo ten por obxectivo principal estudar a recreación da temática
medieval na obra Na brétema, Sant-Iago (1956), o segundo libro de poemas en galego
publicado por Luís Seoane López (Bos Aires, 1910- A Coruña, 1979), a figura máis
representativa da cultura galega no exilio. Así, no traballo estúdanse os distintos elementos da
inspiración medieval presentes no libro a partir da análise das composicións poéticas que o
integran.
O traballo comeza cunha breve introdución sobre ás actualizacións da Idade Media na
literatura, principalmente na galega, entre as que destacan as novelas históricas de Antonio
López Ferreiro, a reelaboración da Materia de Bretaña ou o movemento poético do
neotrobadorismo. Ademais, neste primeiro capítulo tamén se analiza o importante papel
desempeñado polo pasado medieval no contexto da cultura galega do exilio, onde o Medievo
recibiu un tratamento moi distinto do que se lle daba na Galicia interior.
A seguir, no segundo capítulo do traballo realízase unha breve presentación da
comunidade galega na diáspora, facendo especial fincapé na distinción entre emigrados e
exiliados. Así, neste capítulo achégase o necesario contexto histórico sobre a emigración
galega a América e sobre o exilio republicano despois da Guerra Civil, alén de esclarecer as
principais diferenzas entre estes dous colectivos tan complexos como heteroxéneos.
En terceiro lugar, inclúese un breve estado da cuestión acerca da presenza da Idade
Media na produción, tanto literaria como pictórica, de Luís Seoane, un dos creadores que
máis fascinación sentiron por este período da nosa historia. Neste terceiro capítulo realízase
unha mención ás súas obras en que máis relevancia ten a temática medieval, alén de
esclarecer a visión da historia que tiña Seoane, unha visión de tipo materialista e dialéctico
que consideraba o pobo como o verdadeiro protagonista do proceso histórico.
A seguir, despois destes capítulos introdutorios, realízase un estudo da obra
seleccionada, Na brétema, Sant-Iago (1956) de Luís Seoane. Este quinto capítulo, que
constitúe o núcleo do noso traballo, está composto por dúas partes ben diferenciadas:
primeiramente unha descrición editorial cos datos bibliográficos da obra e, en segundo lugar,
un estudo dos elementos de temática medieval presentes no libro, como a presenza dos
espazos da Compostela medieval e do Camiño de Santiago, do románico e das artes gráficas e
a recreación dos personaxes do Medievo galego.
Por último, inclúense unhas breves conclusións sobre os resultados obtidos co noso
estudo de Na brétema, Sant-Iago. Neste capítulo final reflexiónase sobre a importancia da
obra seleccionada no contexto da cultura galega da diáspora, alén de sinalar os aspectos máis
importantes na actualización que fai Seoane da temática medieval neste libro, un dos títulos
máis destacados no panorama da literatura galega no exilio americano que aínda require
dunha maior atención por parte dos estudos académicos.
Palabras clave
Seoane López, Luís
Na brétema, Sant-Iago
Literatura galega no exilio
Idade Media
Na brétema, Sant-Iago
Literatura galega no exilio
Idade Media
Derechos
Os titulares dos dereitos de propiedade intelectual autorizan a visualización do contido deste traballo a través de Internet, así como a súa reproducción, gravación en soporte informático ou impresión para o seu uso privado e/ou con fins de estudo e de investigación. En nengún caso se permite o uso lucrativo deste documento. Estos dereitos afectan tanto ó resumo do traballo como o seu contido Los titulares de los derechos de propiedad intelectual autorizan la visualización del contenido de este trabajo a través de Internet, así como su repoducción, grabación en soporte informático o impresión para su uso privado o con fines de investigación. En ningún caso se permite el uso lucrativo de este documento. Estos derechos afectan tanto al resumen del trabajo como a su contenido