Mostrar o rexistro simple do ítem

dc.contributor.advisorLópez-Viñas, Xoán
dc.contributor.authorVázquez Fabeiro, Alejandro
dc.contributor.otherUniversidade da Coruña. Facultade de Filoloxíaes_ES
dc.date.accessioned2023-11-10T11:47:23Z
dc.date.available2023-11-10T11:47:23Z
dc.date.issued2023
dc.identifier.urihttp://hdl.handle.net/2183/34146
dc.description.abstract[Resumo] Na gramática, como noutros saberes, a sistematización é útil e en ocasións necesaria. A lingüística parte de propostas binarias como a natureza do signo lingüístico, composto por un significado e un significante que, en moitos casos actúan por separado, o que levou á tradición gramatical a estudar por un lado a forma e por outro o contido; porén, a súa conexión non sempre foi materia de estudo. Unha entidade lingüística como é a diátese é un expoñente desta conexión e, por iso, cómpre entendela en relación coa estrutura argumental do predicado, en liña coas propostas do funcionalismo e da gramática de valencias. Con todo, é recorrente neste ámbito de traballo unha dicotomía, novamente, binaria que considera dúas opcións para a expresión da diátese: a voz activa e a voz pasiva. A diátese media propón unha alternativa que é definida por trazos sintácticos e semánticos que non se corresponden con calquera das voces canónicas. Analizar as manifestacións estruturais da diátese media en galego é o obxectivo destas páxinas. Para esta empresa será necesario fixar unha concepción de diátese media para seguir, unha meta que resulta, de entrada, complexa, pois na bibliografía especializada non existe consenso sobre a súa definición, status, representación ou, mesmo, existencia; en especial para as correntes estruturalistas. A isto cómpre engadir a complicada natureza diacrónica deste problema e a escaseza de recursos que traten a diátese media en galego porque, como se pretende mostrar, as construcións medias en galego teñen características de seu. Dentro do conflito existente, este TFG segue unha concepción da voz media que permita a conexión que representa o termo diátese entre forma e contido. Por esta razón, consideramos que a diátese media ten trazos sintácticos como a derivación motivada pola alternancia causativa que resulta nunha redución valencial e trazos semánticos como a necesidade de o suxeito non ser axentivo, isto é, que non teña control sobre o evento que designa o predicado. Consecuentemente, tras elaborar un estado da cuestión que constrúa a referida concepción sobre a diátese media, seguirase a proposta de Cidrás Escáneo (2003) en coherencia co exposto para formular a existencia de dúas construcións representativas da diátese media en galego: as anticausativas, para designar procesos que acontecen de forma “espontánea”, e as asertivas, que predican estados que reflicten unha calidade inherente dunha entidade que funciona como suxeito. Nesta aproximación á diátese media, as referidas construcións protagonizan un traballo que segue unha metodoloxía que procura combinar estudos gramaticais como Freixeiro (2000), Álvarez & Xove (2002), Cidrás (2003), Mendikoetxea (1999a-b), Duarte (2013), NGLE (2009), Camacho (2003), Perini (2005) ou Duarte (2005) entre outros; e, por outro lado, ampárase no uso do corpus CORGA para tirar exemplos que tentan ser o máis representativos posíbeis desta diversidade de construcións. Finalmente, tíranse conclusións relacionadas coa heteroxeneidade destas construcións, o que, en certo modo, orixinou esta falta de consenso no sector especializado, así como tamén a necesidade dunha proposta para a diátese media nas gramáticas galegas, porque representa certas características propias do galego-portugués cal a ausencia ou presenza do clítico, un trazo que outorga singularidade no panorama romance e reforza a unidade lingüística do espazo galego-portuguéses_ES
dc.language.isoglges_ES
dc.rightsOs titulares dos dereitos de propiedade intelectual autorizan a visualización do contido deste traballo a través de Internet, así como a súa reproducción, gravación en soporte informático ou impresión para o seu uso privado e/ou con fins de estudo e de investigación. En nengún caso se permite o uso lucrativo deste documento. Estos dereitos afectan tanto ó resumo do traballo como o seu contido Los titulares de los derechos de propiedad intelectual autorizan la visualización del contenido de este trabajo a través de Internet, así como su repoducción, grabación en soporte informático o impresión para su uso privado o con fines de investigación. En ningún caso se permite el uso lucrativo de este documento. Estos derechos afectan tanto al resumen del trabajo como a su contenidoes_ES
dc.subjectLingua galegaes_ES
dc.subjectDiátese mediaes_ES
dc.subjectGalego-portuguêses_ES
dc.titleExiste a voz media? Unha cala sobre a existencia da diátese media en galego a través das anticausativas e asertivases_ES
dc.typeinfo:eu-repo/semantics/bachelorThesises_ES
dc.rights.accessinfo:eu-repo/semantics/openAccesses_ES
dc.description.traballosTraballo fin de grao (UDC.FIL). Galego e portugués estudios lingüísticos e literarios. Curso 2022/2023es_ES


Ficheiros no ítem

Thumbnail

Este ítem aparece na(s) seguinte(s) colección(s)

Mostrar o rexistro simple do ítem