Análise de materiais docentes para o ensino do galego como L2: o curso Aula de Galego

Use este enlace para citar
http://hdl.handle.net/2183/34144Coleccións
Metadatos
Mostrar o rexistro completo do ítemTítulo
Análise de materiais docentes para o ensino do galego como L2: o curso Aula de GalegoAutor(es)
Director(es)
Samartim, RobertoData
2023Centro/Dpto/Entidade
Universidade da Coruña. Facultade de FiloloxíaDescrición
Traballo fin de grao (UDC.FIL). Galego e portugués estudios lingüísticos e literarios. Curso 2022/2023Resumo
[Resumo] Este TFG ten o propósito de revisar como a serie Aula de Galego (1, 2, 3 e 4) contribúe para a planificación da adquisición da lingua galega entanto único material actual que desenvolve o programa dos Niveis de competencia en lingua galega, orientados á obtención do Certificado de Coñecemento en Lingua Galega (CELGA). Para esta posta en valor o traballo analiza Aula de Galego (AdG) en tres planos, coas súas respectivas subseccións: o plano pedagóxico, o plano cultural e o plano lingüístico.
A revisión do plano pedagóxico permite dar conta de como AdG responde aos Niveis de
competencia en lingua galega canto (1) á adaptación dos descritores dos Niveis e á súa
distribución nos catro volumes, (2) ao desenvolvemento dos propios descritores da serie AdG nas súas unidades didácticas e (3) ao tipo de tarefas que implican as actividades dos volumes. Para isto, foron analizados e contrastados os descritores dos Niveis cos descritores de AdG e estudados e clasificados os propios descritores e actividades da serie no seu conxunto. O plano cultural foca dúas cuestións: dunha parte, a imaxe da Galiza que mobilizan os libros; doutra parte, a correspondencia dos elementos culturais e socioculturais dos volumes coas exixencia en materia sociocultural dos Niveis de competencia. Para responder estas cuestións foron listadas e catalogadas todas as mencións a referentes culturais do imaxinario galego en AdG, a fin de poder comprobar a distribución dos contidos en función de áreas de coñecemento asociadas (referentes de tipo literario, festivo, natural...). Finalmente, o plano lingüístico aspira a describir e xulgar o modelo de lingua de AdG en función dos parámetros fixados por Freixeiro Mato (2009). Confrontamos, por tanto, o modelo de galego consagrado nas NOMIG 2003 co modelo de lingua de calidade que fixa Freixeiro Mato, a fin de avaliar a calidade do idioma promovida polos CELGA. Para realizar esta comparación foron utilizados os vinte elementos do «Apéndice sintético» de Freixeiro Mato
(2009: 159-179) como molde para valorizar as escollas lingüísticas dos volumes.
No plano pedagóxico foi verificado que non todos os descritores dos Niveis son adaptados
en AdG, que só desenvolve determinados elementos do programa e desatende, en diferente
grao, as cuestións gramaticais, fonéticas, ortográficas e lexicais. A revisión do tipo de tarefas,
ademais, constata que aquelas con maior impacto nos volumes implican escasa produción
lingüística do alumnado en favor do desenvolvemento de actividades comunicativas. A un
tempo, no plano cultural é transmitida unha imaxe da Galiza vinculada á literatura galega
canónica e aos elementos naturais e históricos, que non atende os descritores sociolingüísticos
dos Niveis. Finalmente, a revisión do modelo de lingua proba que a lingua de AdG segue as
disposicións das NOMIG, mais se distancia en numerosos aspectos do modelo de lingua de
calidade de Freixeiro Mato. O balance final conclúe que AdG é un material didáctico que se
afasta en varios puntos dos obxectivos pedagóxicos e sociolingüísticos fixados polas directrices
europeas do MECR —adaptadas nos Niveis de competencia— e fixa un modelo de lingua que
renuncia a trazos propios, coincidentes co portugués, para incorporar elementos de coincidencia
co castelán.
Palabras chave
Galego como segunda lingua
Segunda lingua adquisición
Aula de galego
Certificado de Coñecemento en Lingua Galega (CELGA).
Segunda lingua adquisición
Aula de galego
Certificado de Coñecemento en Lingua Galega (CELGA).
Dereitos
Os titulares dos dereitos de propiedade intelectual autorizan a visualización do contido deste traballo a través de Internet, así como a súa reproducción, gravación en soporte informático ou impresión para o seu uso privado e/ou con fins de estudo e de investigación. En nengún caso se permite o uso lucrativo deste documento. Estos dereitos afectan tanto ó resumo do traballo como o seu contido Los titulares de los derechos de propiedad intelectual autorizan la visualización del contenido de este trabajo a través de Internet, así como su repoducción, grabación en soporte informático o impresión para su uso privado o con fines de investigación. En ningún caso se permite el uso lucrativo de este documento. Estos derechos afectan tanto al resumen del trabajo como a su contenido