Skip navigation
  •  Home
  • UDC 
    • Getting started
    • RUC Policies
    • FAQ
    • FAQ on Copyright
    • More information at INFOguias UDC
  • Browse 
    • Communities
    • Browse by:
    • Issue Date
    • Author
    • Title
    • Subject
  • Help
    • español
    • Gallegan
    • English
  • Login
  •  English 
    • Español
    • Galego
    • English
  
View Item 
  •   DSpace Home
  • Facultade de Filoloxía
  • Traballos académicos (FFIL)
  • View Item
  •   DSpace Home
  • Facultade de Filoloxía
  • Traballos académicos (FFIL)
  • View Item
JavaScript is disabled for your browser. Some features of this site may not work without it.

Análise de materiais docentes para o ensino do galego como L2: o curso Aula de Galego

Thumbnail
View/Open
Rodriguez_Fernandez_Juan_Christian_2023_ensino_galego.pdf (1.012Mb)
Use this link to cite
http://hdl.handle.net/2183/34144
Collections
  • Traballos académicos (FFIL) [279]
Metadata
Show full item record
Title
Análise de materiais docentes para o ensino do galego como L2: o curso Aula de Galego
Author(s)
Rodríguez Fernández, Juan Christian
Directors
Samartim, Roberto
Date
2023
Center/Dept./Entity
Universidade da Coruña. Facultade de Filoloxía
Description
Traballo fin de grao (UDC.FIL). Galego e portugués estudios lingüísticos e literarios. Curso 2022/2023
Abstract
[Resumo] Este TFG ten o propósito de revisar como a serie Aula de Galego (1, 2, 3 e 4) contribúe para a planificación da adquisición da lingua galega entanto único material actual que desenvolve o programa dos Niveis de competencia en lingua galega, orientados á obtención do Certificado de Coñecemento en Lingua Galega (CELGA). Para esta posta en valor o traballo analiza Aula de Galego (AdG) en tres planos, coas súas respectivas subseccións: o plano pedagóxico, o plano cultural e o plano lingüístico. A revisión do plano pedagóxico permite dar conta de como AdG responde aos Niveis de competencia en lingua galega canto (1) á adaptación dos descritores dos Niveis e á súa distribución nos catro volumes, (2) ao desenvolvemento dos propios descritores da serie AdG nas súas unidades didácticas e (3) ao tipo de tarefas que implican as actividades dos volumes. Para isto, foron analizados e contrastados os descritores dos Niveis cos descritores de AdG e estudados e clasificados os propios descritores e actividades da serie no seu conxunto. O plano cultural foca dúas cuestións: dunha parte, a imaxe da Galiza que mobilizan os libros; doutra parte, a correspondencia dos elementos culturais e socioculturais dos volumes coas exixencia en materia sociocultural dos Niveis de competencia. Para responder estas cuestións foron listadas e catalogadas todas as mencións a referentes culturais do imaxinario galego en AdG, a fin de poder comprobar a distribución dos contidos en función de áreas de coñecemento asociadas (referentes de tipo literario, festivo, natural...). Finalmente, o plano lingüístico aspira a describir e xulgar o modelo de lingua de AdG en función dos parámetros fixados por Freixeiro Mato (2009). Confrontamos, por tanto, o modelo de galego consagrado nas NOMIG 2003 co modelo de lingua de calidade que fixa Freixeiro Mato, a fin de avaliar a calidade do idioma promovida polos CELGA. Para realizar esta comparación foron utilizados os vinte elementos do «Apéndice sintético» de Freixeiro Mato (2009: 159-179) como molde para valorizar as escollas lingüísticas dos volumes. No plano pedagóxico foi verificado que non todos os descritores dos Niveis son adaptados en AdG, que só desenvolve determinados elementos do programa e desatende, en diferente grao, as cuestións gramaticais, fonéticas, ortográficas e lexicais. A revisión do tipo de tarefas, ademais, constata que aquelas con maior impacto nos volumes implican escasa produción lingüística do alumnado en favor do desenvolvemento de actividades comunicativas. A un tempo, no plano cultural é transmitida unha imaxe da Galiza vinculada á literatura galega canónica e aos elementos naturais e históricos, que non atende os descritores sociolingüísticos dos Niveis. Finalmente, a revisión do modelo de lingua proba que a lingua de AdG segue as disposicións das NOMIG, mais se distancia en numerosos aspectos do modelo de lingua de calidade de Freixeiro Mato. O balance final conclúe que AdG é un material didáctico que se afasta en varios puntos dos obxectivos pedagóxicos e sociolingüísticos fixados polas directrices europeas do MECR —adaptadas nos Niveis de competencia— e fixa un modelo de lingua que renuncia a trazos propios, coincidentes co portugués, para incorporar elementos de coincidencia co castelán.
Keywords
Galego como segunda lingua
Segunda lingua adquisición
Aula de galego
Certificado de Coñecemento en Lingua Galega (CELGA).
 
Rights
Os titulares dos dereitos de propiedade intelectual autorizan a visualización do contido deste traballo a través de Internet, así como a súa reproducción, gravación en soporte informático ou impresión para o seu uso privado e/ou con fins de estudo e de investigación. En nengún caso se permite o uso lucrativo deste documento. Estos dereitos afectan tanto ó resumo do traballo como o seu contido Los titulares de los derechos de propiedad intelectual autorizan la visualización del contenido de este trabajo a través de Internet, así como su repoducción, grabación en soporte informático o impresión para su uso privado o con fines de investigación. En ningún caso se permite el uso lucrativo de este documento. Estos derechos afectan tanto al resumen del trabajo como a su contenido

Browse

All of DSpaceCommunities & CollectionsBy Issue DateAuthorsTitlesSubjectsResearch GroupAcademic DegreeThis CollectionBy Issue DateAuthorsTitlesSubjectsResearch GroupAcademic Degree

My Account

LoginRegister

Statistics

View Usage Statistics
Sherpa
OpenArchives
OAIster
Scholar Google
UNIVERSIDADE DA CORUÑA. Servizo de Biblioteca.    DSpace Software Copyright © 2002-2013 Duraspace - Send Feedback