Na procura do recomezo: unha achega á obra A falência de Júlia Lopes de Almeida
Use este enlace para citar
http://hdl.handle.net/2183/34140Coleccións
Metadatos
Mostrar o rexistro completo do ítemTítulo
Na procura do recomezo: unha achega á obra A falência de Júlia Lopes de AlmeidaAutor(es)
Director(es)
Martínez Pereiro, Carlos PauloData
2023Centro/Dpto/Entidade
Universidade da Coruña. Facultade de FiloloxíaDescrición
Traballo fin de grao (UDC.FIL). Galego e portugués estudios lingüísticos e literarios. Curso 2022/2023Resumo
[Resumo] Desafortunadamente esquecida pola crítica, Júlia Lopes de Almeida é considerada unha das primeiras mulleres novelistas do Brasil. Autora con influencia, autoridade e prestixio na súa época, na actualidade foi vítima dun silenciamento case total, aínda que a nova crítica feminista, especialmente, está a recuperar, paulatinamente, o seu nome e a súa obra. O obxectivo principal deste traballo é realizar unha achega á obra que consideramos o apoxeo máximo da súa produción literaria, A falência, publicada no ano 1901. Con todo, centrarémonos en varios aspectos que consideramos os máis importantes, os que estruturan e fan evolucionar este destacado romance. Ao longo deste estudo, situaremos os acontecementos históricos máis significativos para poder enmarcar a obra, tendo en conta que este romance está ambientado no ano 1891 e, polo tanto, terá trazos fieis á realidade histórica do Brasil de fins do XIX. Deste xeito, entenderemos o crecemento da industria cafeeira, a mudanza cara á República, a escravitude e veremos a importancia que estes sucesos tiveron no país, así como a súa proxección na obra. Para alén disto, analizaremos a posición das mulleres, os roles que cumprían, os espazos que tiñan reservados e a sociedade patriarcal na que vivían, para así entendermos a actuación das personaxes femininas no romance. A seguir, explicaremos as diversas interpretacións que retiramos do título da obra, pois entendemos que, ademais da ruína da empresa do protagonista, existen outros significados agochados. O casamento, o adulterio e
o suicidio van funcionar como eixos vertebradores do romance e, a través deles, poremos de manifesto a ampla e sólida perspectiva crítica que mostra a autora durante toda a obra: desde a reprobación e o xuízo aos homes escritores que condenan ás súas personaxes femininas a seren as culpables de todo, até o desenlace da obra, onde a protagonista se agrupa co resto de mulleres nun novo recomezo.
Palabras chave
Lopes de Almeida, Júlia
Novela brasileira
A falência
Escritoras
Personaxes femininas
Novela brasileira
A falência
Escritoras
Personaxes femininas
Dereitos
Os titulares dos dereitos de propiedade intelectual autorizan a visualización do contido deste traballo a través de Internet, así como a súa reproducción, gravación en soporte informático ou impresión para o seu uso privado e/ou con fins de estudo e de investigación. En nengún caso se permite o uso lucrativo deste documento. Estos dereitos afectan tanto ó resumo do traballo como o seu contido Los titulares de los derechos de propiedad intelectual autorizan la visualización del contenido de este trabajo a través de Internet, así como su repoducción, grabación en soporte informático o impresión para su uso privado o con fines de investigación. En ningún caso se permite el uso lucrativo de este documento. Estos derechos afectan tanto al resumen del trabajo como a su contenido