Mostrar o rexistro simple do ítem

dc.contributor.advisorMartínez Pereiro, Carlos Paulo
dc.contributor.authorMazás Pereiro, Elvira
dc.contributor.otherUniversidade da Coruña. Facultade de Filoloxíaes_ES
dc.date.accessioned2023-11-10T08:32:09Z
dc.date.available2023-11-10T08:32:09Z
dc.date.issued2023
dc.identifier.urihttp://hdl.handle.net/2183/34140
dc.description.abstract[Resumo] Desafortunadamente esquecida pola crítica, Júlia Lopes de Almeida é considerada unha das primeiras mulleres novelistas do Brasil. Autora con influencia, autoridade e prestixio na súa época, na actualidade foi vítima dun silenciamento case total, aínda que a nova crítica feminista, especialmente, está a recuperar, paulatinamente, o seu nome e a súa obra. O obxectivo principal deste traballo é realizar unha achega á obra que consideramos o apoxeo máximo da súa produción literaria, A falência, publicada no ano 1901. Con todo, centrarémonos en varios aspectos que consideramos os máis importantes, os que estruturan e fan evolucionar este destacado romance. Ao longo deste estudo, situaremos os acontecementos históricos máis significativos para poder enmarcar a obra, tendo en conta que este romance está ambientado no ano 1891 e, polo tanto, terá trazos fieis á realidade histórica do Brasil de fins do XIX. Deste xeito, entenderemos o crecemento da industria cafeeira, a mudanza cara á República, a escravitude e veremos a importancia que estes sucesos tiveron no país, así como a súa proxección na obra. Para alén disto, analizaremos a posición das mulleres, os roles que cumprían, os espazos que tiñan reservados e a sociedade patriarcal na que vivían, para así entendermos a actuación das personaxes femininas no romance. A seguir, explicaremos as diversas interpretacións que retiramos do título da obra, pois entendemos que, ademais da ruína da empresa do protagonista, existen outros significados agochados. O casamento, o adulterio e o suicidio van funcionar como eixos vertebradores do romance e, a través deles, poremos de manifesto a ampla e sólida perspectiva crítica que mostra a autora durante toda a obra: desde a reprobación e o xuízo aos homes escritores que condenan ás súas personaxes femininas a seren as culpables de todo, até o desenlace da obra, onde a protagonista se agrupa co resto de mulleres nun novo recomezo.es_ES
dc.language.isoglges_ES
dc.rightsOs titulares dos dereitos de propiedade intelectual autorizan a visualización do contido deste traballo a través de Internet, así como a súa reproducción, gravación en soporte informático ou impresión para o seu uso privado e/ou con fins de estudo e de investigación. En nengún caso se permite o uso lucrativo deste documento. Estos dereitos afectan tanto ó resumo do traballo como o seu contido Los titulares de los derechos de propiedad intelectual autorizan la visualización del contenido de este trabajo a través de Internet, así como su repoducción, grabación en soporte informático o impresión para su uso privado o con fines de investigación. En ningún caso se permite el uso lucrativo de este documento. Estos derechos afectan tanto al resumen del trabajo como a su contenidoes_ES
dc.subjectLopes de Almeida, Júliaes_ES
dc.subjectNovela brasileiraes_ES
dc.subjectA falênciaes_ES
dc.subjectEscritorases_ES
dc.subjectPersonaxes femininases_ES
dc.titleNa procura do recomezo: unha achega á obra A falência de Júlia Lopes de Almeidaes_ES
dc.typeinfo:eu-repo/semantics/bachelorThesises_ES
dc.rights.accessinfo:eu-repo/semantics/openAccesses_ES
dc.description.traballosTraballo fin de grao (UDC.FIL). Galego e portugués estudios lingüísticos e literarios. Curso 2022/2023es_ES


Ficheiros no ítem

Thumbnail

Este ítem aparece na(s) seguinte(s) colección(s)

Mostrar o rexistro simple do ítem