Aplicación móbil Java para a xestión de rutinas de ximnasio
Use este enlace para citar
http://hdl.handle.net/2183/33998Coleccións
Metadatos
Mostrar o rexistro completo do ítemTítulo
Aplicación móbil Java para a xestión de rutinas de ximnasioAutor(es)
Director(es)
Losada Pérez, JoséData
2023Centro/Dpto/Entidade
Universidade da Coruña. Facultade de InformáticaDescrición
Traballo fin de grao (UDC.FIC). Enxeñaría Informática. Curso 2022/2023Resumo
[Resumo]: Na actualidade, o factor da saúde física e estética corporal está cobrando unha maior relevancia
na vida cotiá. Por ende, cada día son máis as persoas que optan por iniciarse nos ximnasios
co obxectivo de mellorar o seu estado físico e mental. Sen embargo, para obter bos resultados
ao realizar exercicios de forza, é necesario dispoñer dunha rutina acorde cos obxectivos que
se propoña cada persoa, así como unha boa planificación dos adestramentos e unha boa xestión
dos datos de cada sesión (como poden ser os pesos levantados en cada exercicio, etc…)
Actualmente, non existen moitas ferramentas que aborden de forma efectiva a situación mencionada
anteriormente, polo cal xorde a idea de crear unha aplicación móbil que permita aos
usuarios xestionar as súas rutinas, adestramentos e dietas.
O principal obxectivo da aplicación será a de proporcionar aos usuarios unha opción rápida,
sinxela e intuitiva de xestionar as súas rutinas de adestramento e evitar o uso de métodos
pouco prácticos (como pode ser o uso do bloc de notas do dispositivo móbil) para axilizar as
sesións. Así mesmo, incluirase un sistema de estadísticas avanzadas para analizar o progreso
ao longo do tempo e un sistema de xestión de dietas alimenticias.
A solución permitirá o consumo e rexistro de rutinas a usuarios rexistrados. Disporá
dunha batería de exercicios para todos os usuarios, os cales se poderán engadir as diferentes
rutinas, pero tamén se poderán crear exercicios personalizados. O usuario tamén poderá
comezar un adestramento correspondente a un día dunha rutina, gardándose posteriormente
os datos de cada sesión para futuras estadísticas. Por último, tamén se engadirá no sistema
un pequeno módulo de creación de dietas alimenticias e a posibilidade da súa exportación en
formato PDF.
Para o deseño da aplicación empregáronse tecnoloxías Java para o servidor e TypeScript/React-
Native para a parte cliente.
Para o desenvolvemento deste proxecto farase uso da metodoloxía áxil Scrum. Dividirase
o proceso en pequenas subtarefas, as cales se irán realizando de forma iterativa e gradual nos
distintos Sprints. Ao final de cada Sprint, comprobarase que as funcionalidades implementadas
cumpren os requisitos propostos na súa planificación. [Abstract]: At present, the factor of physical health and body aesthetics is becoming more relevant
in everyday life. Therefore, every day there are more people who choose to start in gyms
with the aim of improving their physical and mental state. However, to obtain good results
when performing strength exercises, it is necessary to have a routine in line with the goals
that each person proposes, as well as good training planning and good data management for
each session (such as the weights lifted in each exercise, etc…) Currently, there are not many
tools that effectively address the situation mentioned above, which is why the idea arises to
create a mobile application that allows users to manage their routines, workouts and diets.
The main objective of the application will be to provide users with a quick, easy and
intuitive option to manage their training routines and avoid the use of impractical methods
(such as the use of the notepad on the mobile device) to streamline the sessions It will also
include an advanced statistics system to analyze progress over time and a dietary management
system.
The solution will permit the consumption and registration of routines to registered users.
It will have a battery of exercises for all users, to which the different routines can be added,
but also personalized exercises can be created. The user will also be able to start a workout
corresponding to one day of a routine, saving the data of each session later for future statistics.
Finally, a small module for creating food diets and the possibility of exporting them in PDF
format will also be added to the system.
For the design of the application, Java technologies were used for the server and TypeScript/React-
Native for the client side.
The agile Scrum methodology will be used for the development of this project. The process
will be divided into small sub-tasks, which will be carried out iteratively and gradually
in the different Sprints. At the end of each Sprint, it will be verified that the implemented
functionalities meet the requirements proposed in their planning.
Palabras chave
Rutina
Adestramento
App móbil
React Native
TypeScript
Multiplataforma
Springboot
Routine
Training
Mobile app
Multi platform
Adestramento
App móbil
React Native
TypeScript
Multiplataforma
Springboot
Routine
Training
Mobile app
Multi platform
Dereitos
Todos os dereitos reservados. Todos los derechos reservados. All rights reserved.