Mostrar o rexistro simple do ítem

dc.contributor.advisorCasares-Gallego, Amparo
dc.contributor.advisorVega-Marcote, Pedro
dc.contributor.advisorSoto, Manuel
dc.contributor.authorMéndez Casal, Laura
dc.contributor.authorFiaño Salinas, Carlota
dc.contributor.authorSiaba Casais, Sabela
dc.contributor.authorPérez Fernández, Francisco
dc.contributor.authorSuárez Naveira, Sonia
dc.contributor.authorBallester Falcón, Paula
dc.contributor.authorAsatrya, Jesika
dc.date.accessioned2023-01-18T15:35:56Z
dc.date.available2023-01-18T15:35:56Z
dc.date.issued2022
dc.identifier.citationMéndez Casal, L., Fiaño Salinas, C., Siaba Casais, S., Pérez Fernández, F., Suárez Naveira, S., Ballester Falcón, P., & Asatrya, J. (2022). IV premio UDC sutentabilidade a traballos fin de grao e mestrado 2021. DOI: https://doi.org/10.17979/spudc.000015
dc.identifier.urihttp://hdl.handle.net/2183/32364
dc.descriptionRecollemos nesta colección os sete traballos premiados no que foi a cuarta edición do Premio UDC Sustentabilidade a Traballos de Fin de Grao e Mestrado, correspondente ao ano 2021. A resolución desta convocatoria fíxose pública o 5 de xuño de 2022, Día Mundial do Medio Ambiente. Coa convocatoria destes premios búscase avanzar na sustentabilidade curricular, fortalecer a vinculación co currículo do traballo en sustentabilidade nos centros da UDC e promover a sensibilización e participación activa do estudantado. Trátase de recoñecer e potenciar aqueles estudos e traballos que contribúen a un mellor coñecemento das medidas e prácticas de sustentabilidade e á súa adopción no ámbito dos campus e os centros universitarios, ou en promover o desenvolvemento sustentable no ámbito galego e o coñecemento e a sensibilización sobre os problemas ecolóxicos globais e a educación ambiental. Esta cuarta edición dos premios dirixiuse a traballos realizados no ano 2021. Presentouse un total de 22 traballos, 16 de grao e 6 de mestrado, de 11 centros diferentes e de catro das cinco grandes áreas de coñecemento. Seguindo os criterios da convocatoria, a comisión avaliadora valorou a calidade da memoria publicable, a relación coa temática da sustentabilidade e a orixinalidade dos traballos, así como a súa achega aos obxectivos de desenvolvemento sustentable (ODS) da ONU e ao compromiso social da UDC, alén da aplicabilidade dos estudos e as investigacións aos propios campus e centros da UDC. A UDC vén desenvolvendo nos últimos anos un programa de mellora continua para a sustentabilidade con base na Guía para a sustentabilidade na UDC (2011) e o Plan estratéxico da UDC 2013-2020, e que está chamado a consolidarse coa posta en práctica do novo Plan estratéxico 2022-20261. Este obxectivo incluíu a creación de comités ambientais nos centros (programa Green Campus), a elaboración de diversos plans sectoriais e iniciativas tales como as seguintes: a mellora da recollida separada de residuos; a compostaxe de residuos orgánicos; o uso eficiente da enerxía e da auga; o préstamo de bicicletas; a conservación e mellora da biodiversidade nos espazos do campus; a promoción dun estilo de vida saudable ou o voluntariado ambiental. A mellora na xestión dos residuos materializouse na implantación da recollida separada intracentro dos biorresiduos (ademais do papel e a fracción seca ou os envases) en varios centros e na consolidación do programa de compostaxe de residuos orgánicos dos comedores2. Para o impulso da mobilidade sustentable, incorporáronse bicicletas eléctricas ao servizo de préstamo existente, e xa no curso 2022-2023 ven de renovarse o parque de bicicletas cun novo modelo de bicicleta dobrábel. O programa de eficiencia enerxética e auto-produción de enerxía renovable contou con diversas actuacións recentes3. Porén, 2022 presentouse como o ano do forte incremento dos prezos da enerxía, o que fixo obrigatoria a adopción dun novo plan de aforro de enerxía4, cuxos resultados se manifestarán no vindeiro 2023es_ES
dc.language.isoglges_ES
dc.publisherServizo de Publicacións da Universidade da Coruñaes_ES
dc.relation.urihttps://doi.org/10.17979/spudc.000015es_ES
dc.rightsAtribución-NoComercial-CompartirIgual 4.0 Internacionales_ES
dc.rights.urihttps://creativecommons.org/licenses/by-sa/4.0/deed.gl*
dc.subjectSustentabilidadees_ES
dc.subjectSostibilidadees_ES
dc.subjectPremioes_ES
dc.subjectUniversidade da Coruñaes_ES
dc.subjectSustentabilidades_ES
dc.subjectSostenibilidades_ES
dc.subjectSustainabilityes_ES
dc.subjectPrizees_ES
dc.subjectUniversity of A Corunaes_ES
dc.titleIV premio UDC sutentabilidade a traballos fin de grao e mestrado 2021es_ES
dc.typeinfo:eu-repo/semantics/bookes_ES
dc.rights.accessinfo:eu-repo/semantics/openAccesses_ES


Ficheiros no ítem

Thumbnail
Thumbnail

Este ítem aparece na(s) seguinte(s) colección(s)

Mostrar o rexistro simple do ítem