Mostrar o rexistro simple do ítem

dc.contributor.advisorMíguez Martín, Vanessa
dc.contributor.advisorRilo Pérez, Lorena
dc.contributor.advisorCendán-Verdes, José-Jesús
dc.contributor.authorRodríguez Castro, Martín
dc.contributor.authorOtero Montoto, Andrea
dc.contributor.authorMíguez Martín, Vanessa
dc.date.accessioned2022-06-07T12:54:45Z
dc.date.available2022-06-07T12:54:45Z
dc.date.issued2022
dc.identifier.urihttp://hdl.handle.net/2183/30852
dc.description.abstract[Resumo] Nestes máis de 25 anos de traballo da Oficina de Cooperación e Voluntariado da Universidade da Coruña foron moitas as iniciativas e o esforzo encamiñado a estimular a participación solidaria da comunidade universitaria a través de propostas, tales como bolsas para estadías en proxectos de cooperación, convocatorias de axudas en educación ao desenvolvemento, premios etc., así como aqueloutras que estimulan a organización de eventos e/ou a investigación nas anteditas materias. Nos últimos oito anos incorporamos a metodoloxía de aprendizaxe e servizo, en constante crecemento e coa estreita colaboración do CUFIE, o cal permitiu a centos de estudantes colaboraren e coñeceren de primeira man entidades da súa contorna e iren sementando o xermolo dunha cidadanía con conciencia crítica que sempre foi o obxectivo principal da OCV. Especial relevancia tiveron –e teñen– os centos de voluntarias e voluntarios que ao longo deste camiñar axudaron a construír unha sociedade máis xusta e acompañaron a persoas e colectivos desfavorecidos e vulnerables da nosa sociedade. Tamén as organizacións e institucións con que colaboramos na organización de eventos e que se sumaron a este ilusionante proxecto. A OCV estivo á altura dos acontecementos e conseguiu continuar ofrecendo canles de colaboración nos anos máis duros que nos tocou vivir coa pandemia. Anteriormente, ante outros sucesos históricos da nosa terra, caso do afundimento do Prestige, coordinou o voluntariado que dende cada recuncho do Estado español chegaba ás nosas costas para limpar o chapapote. Durante toda a nosa traxectoria sentimos o apoio de todas as persoas que formaron e forman parte desta apaixonante historia de 25 anos. Todas sodes parte da OCV. Con esta publicación, quixemos visibilizar as vidas de 25 persoas que desde diferentes ámbitos loitan cun denominador común: os dereitos humanos. Son activistas que non caeron na indiferenza que moitas veces afoga a obrigada resposta ante a inxustiza social.es_ES
dc.language.isoglges_ES
dc.publisherUniversidade da Coruña, Servizo de Publicaciónses_ES
dc.relation.urihttps://doi.org/10.17979/spudc.000007
dc.rightsAtribución-NoComercial-CompartirIgual 4.0 Internacional (CC BY-NC-SA 4.0)es_ES
dc.rights.urihttps://creativecommons.org/licenses/by-nc-sa/4.0/deed.gl*
dc.subjectCooperación
dc.subjectVoluntariado
dc.subjectUniversidade
dc.title#25 Voces : [25º aniversario da Oficina de Cooperación e Voluntariado]es_ES
dc.title.alternative25º aniversario da Oficina de Cooperación e Voluntariado: #25 voceses_ES
dc.typeinfo:eu-repo/semantics/bookes_ES
dc.rights.accessinfo:eu-repo/semantics/openAccesses_ES
dc.identifier.doi10.17979/spudc.000007


Ficheiros no ítem

Thumbnail
Thumbnail

Este ítem aparece na(s) seguinte(s) colección(s)

  • #25 Voces [1]
    Publicación en conmemoración do 25º aniversario da Oficina de Cooperación e Voluntariado da Universidade da Coruña

Mostrar o rexistro simple do ítem