Premios Isabel Zendal de Promoción do Pensamento Crítico en Educación Secundaria e Bacharelato. III Edición
Use este enlace para citar
http://hdl.handle.net/2183/30527
A non ser que se indique outra cousa, a licenza do ítem descríbese como Atribución-CompartirIgual 4.0 Internacional (CC BY-SA 4.0)
Coleccións
Metadatos
Mostrar o rexistro completo do ítemTítulo
Premios Isabel Zendal de Promoción do Pensamento Crítico en Educación Secundaria e Bacharelato. III EdiciónAutor(es)
Data
2022Palabras chave
Premios
Isabel Zendal
Pensamiento crítico
Isabel Zendal
Pensamiento crítico
Descrición
Neste volume recóllense os traballos premiados na terceira edición dos Premios Isabel Zendal, convocada en marzo de 2021 e cuxa resolución tivo lugar en maio do mesmo ano. Conformaron o xurado: Mª Cristina Naya Riveiro, Francisco Armesto Ramón, Marisa Castiñeira García, Manuel Ferreiro Fernández, Manuel Francisco Herrador Barrios e Susana Ladra González.
O certame está dirixido ao alumnado escolarizado en centros educativos españois desde o primeiro curso da educación secundaria obrigatoria (ESO) ata o segundo curso de bacharelato, de modo que consta de dúas categorías de participación: unha para o alumnado de 1.º a 3.º curso da ESO e FP básica; e outra para o alumnado de 4.º da ESO a 2.º de bacharelato e mais dos ciclos formativos de grao medio.
A participación no concurso realízase a través dun xénero literario, que pode ser un artigo xornalístico, a exposición divulgativa dun experimento desenvolvido polo alumnado, o conto ou o relato curto. Valórase que os traballos integren os valores do pensamento escéptico e científico, a difusión do coñecemento, a ciencia e os seus métodos, a refutación das pseudociencias, así como a loita contra a difusión de enganos e novas falsas.
Os Premios Isabel Zendal, concibidos como unha actividade de extensión universitaria da Universidade da Coruña, por medio da Unidade de Divulgación Científica e Cultural e en colaboración co Círculo Escéptico e a Deputación da Coruña, teñen precisamente como finalidade este obxectivo: promover o pensamento crítico e a cultura científica entre a xuventude, vítima en moitas ocasións da difusión e divulgación de falsidades.
Versión do editor
Dereitos
Atribución-CompartirIgual 4.0 Internacional (CC BY-SA 4.0)
Editor
Universidade da Coruña. Unidade de Divulgación Científica e Cultural