A toponimia de Fisteus : unha aproximación
Use este enlace para citar
http://hdl.handle.net/2183/29751Coleccións
Metadatos
Mostrar o rexistro completo do ítemTítulo
A toponimia de Fisteus : unha aproximaciónAutor(es)
Director(es)
Ferreiro, ManuelData
2021Centro/Dpto/Entidade
Universidade da Coruña. Facultade de FiloloxíaDescrición
Traballo fin de grao (UDC.FIL). Galego e portugués estudios lingüísticos e literarios. Curso 2020/2021Resumo
[Resumo] Este traballo baséase na análise e na clasificación de preto de 200 topónimos recollidos na parroquia de Fisteus, no concello coruñés de Curtis. O principal obxectivo é reivindicarmos a importancia da toponimia e o seu valor lingüístico e sociolóxico, a través dunha análise pormenorizada destes testemuños idiomáticos. Finalmente, realizamos unha clasificación que nos permitiu organizarmos os topónimos en diferentes categorías, en función do seu significado e da súa etimoloxía.
Para poder levarmos a cabo esta tarefa, o traballo contou con varias fases. A primeira consistiu na recolección dos topónimos, ben a través de fontes orais ou ben a partir doutras ferramentas en liña. A seguir, elaboramos unha listaxe en que se incluíron todos os topónimos, coa intención de definirmos a súa tipoloxía, o seu significado e a súa orixe. Coa axuda dunha ampla bibliografía de consulta, conseguimos explicar case todos os topónimos. Finalmente, a partir dos resultados da análise, presentamos unha breve proposta de clasificación semántica e
etimolóxica. Debido á inmensa riqueza toponímica que presenta o territorio galego, escollemos como obxecto de estudo unha parroquia que ben podería pertencer a calquera outro punto da Galiza, como veremos a continuación. Trátase dunha parroquia cun carácter eminentemente rural,
vinculada desde as súas orixes ao traballo do campo e á gandaría, dous sectores de vital importancia na economía da zona, mesmo a día de hoxe. Todo isto vese reflectido no inventario
toponímico que conservamos: centos de topónimos, microtopónimos e hidrónimos, que se refiren a diferentes realidades da paisaxe da zona –aínda que algunhas xa non existan na actualidade. Entre eles hai alusións a ríos e fontes, a prados e a terras de cultivo, a montes, ao mundo eclesiástico... A todos os elementos que compuñan a vida cotiá dos poboadores que decidiron nomealos.
Deste xeito, a nosa clasificación semántica agrupa estes topónimos en seis categorías, que son a terra, a auga, a flora, a fauna, as persoas e os grupos humanos e a transformación e a posesión da terra. Por outra parte, a clasificación etimolóxica permitiunos estabelecer catro familias diferentes. A máis grande está formada polo topónimos de orixe latina, debido a que esta lingua é a base principal da lingua galega. Con todo, a nosa toponimia aínda manifesta a pegada que deixaron outros pobos prelatinos, xermánicos e mesmo árabes –aínda que a presenza destes últimos na actual Galiza fose case anecdótica.
Finalmente, a conclusión que tiramos deste estudo é que a toponimia de Fisteus é unha mostra significativa da toponimia galega. Os nomes que nela encontramos poderían pertencer a calquera outra parroquia, xa que todos eles aluden a elementos da paisaxe natural ou humanizada. Por outra parte, as súas orixes son diversas, mais principalmente prelatinas,
latinas, xermánicas ou árabes. Por todo isto, consideramos que a toponimia é un tesouro lingüístico e cultural que debemos preservar, mediante a súa posta en valor e a divulgación.
Palabras chave
Fisteus (parroquia)
Curtis (A Coruña)
Toponimia galega
Lingüística
Socioloxía
Etimoloxía
Galiza
Curtis (A Coruña)
Toponimia galega
Lingüística
Socioloxía
Etimoloxía
Galiza
Dereitos
Os titulares dos dereitos de propiedade intelectual autorizan a visualización do contido deste traballo a través de Internet, así como a súa reproducción, gravación en soporte informático ou impresión para o seu uso privado e/ou con fins de estudo e de investigación. En nengún caso se permite o uso lucrativo deste documento. Estos dereitos afectan tanto ó resumo do traballo como o seu contido Los titulares de los derechos de propiedad intelectual autorizan la visualización del contenido de este trabajo a través de Internet, así como su repoducción, grabación en soporte informático o impresión para su uso privado o con fines de investigación. En ningún caso se permite el uso lucrativo de este documento. Estos derechos afectan tanto al resumen del trabajo como a su contenido