Mostrar o rexistro simple do ítem

dc.contributor.advisorFerreiro, Manuel
dc.contributor.authorSánchez Fernández, Natalia
dc.contributor.otherUniversidade da Coruña. Facultade de Filoloxíaes_ES
dc.date.accessioned2022-02-10T10:13:45Z
dc.date.available2022-02-10T10:13:45Z
dc.date.issued2021
dc.identifier.urihttp://hdl.handle.net/2183/29751
dc.description.abstract[Resumo] Este traballo baséase na análise e na clasificación de preto de 200 topónimos recollidos na parroquia de Fisteus, no concello coruñés de Curtis. O principal obxectivo é reivindicarmos a importancia da toponimia e o seu valor lingüístico e sociolóxico, a través dunha análise pormenorizada destes testemuños idiomáticos. Finalmente, realizamos unha clasificación que nos permitiu organizarmos os topónimos en diferentes categorías, en función do seu significado e da súa etimoloxía. Para poder levarmos a cabo esta tarefa, o traballo contou con varias fases. A primeira consistiu na recolección dos topónimos, ben a través de fontes orais ou ben a partir doutras ferramentas en liña. A seguir, elaboramos unha listaxe en que se incluíron todos os topónimos, coa intención de definirmos a súa tipoloxía, o seu significado e a súa orixe. Coa axuda dunha ampla bibliografía de consulta, conseguimos explicar case todos os topónimos. Finalmente, a partir dos resultados da análise, presentamos unha breve proposta de clasificación semántica e etimolóxica. Debido á inmensa riqueza toponímica que presenta o territorio galego, escollemos como obxecto de estudo unha parroquia que ben podería pertencer a calquera outro punto da Galiza, como veremos a continuación. Trátase dunha parroquia cun carácter eminentemente rural, vinculada desde as súas orixes ao traballo do campo e á gandaría, dous sectores de vital importancia na economía da zona, mesmo a día de hoxe. Todo isto vese reflectido no inventario toponímico que conservamos: centos de topónimos, microtopónimos e hidrónimos, que se refiren a diferentes realidades da paisaxe da zona –aínda que algunhas xa non existan na actualidade. Entre eles hai alusións a ríos e fontes, a prados e a terras de cultivo, a montes, ao mundo eclesiástico... A todos os elementos que compuñan a vida cotiá dos poboadores que decidiron nomealos. Deste xeito, a nosa clasificación semántica agrupa estes topónimos en seis categorías, que son a terra, a auga, a flora, a fauna, as persoas e os grupos humanos e a transformación e a posesión da terra. Por outra parte, a clasificación etimolóxica permitiunos estabelecer catro familias diferentes. A máis grande está formada polo topónimos de orixe latina, debido a que esta lingua é a base principal da lingua galega. Con todo, a nosa toponimia aínda manifesta a pegada que deixaron outros pobos prelatinos, xermánicos e mesmo árabes –aínda que a presenza destes últimos na actual Galiza fose case anecdótica. Finalmente, a conclusión que tiramos deste estudo é que a toponimia de Fisteus é unha mostra significativa da toponimia galega. Os nomes que nela encontramos poderían pertencer a calquera outra parroquia, xa que todos eles aluden a elementos da paisaxe natural ou humanizada. Por outra parte, as súas orixes son diversas, mais principalmente prelatinas, latinas, xermánicas ou árabes. Por todo isto, consideramos que a toponimia é un tesouro lingüístico e cultural que debemos preservar, mediante a súa posta en valor e a divulgación.es_ES
dc.language.isoglges_ES
dc.rightsOs titulares dos dereitos de propiedade intelectual autorizan a visualización do contido deste traballo a través de Internet, así como a súa reproducción, gravación en soporte informático ou impresión para o seu uso privado e/ou con fins de estudo e de investigación. En nengún caso se permite o uso lucrativo deste documento. Estos dereitos afectan tanto ó resumo do traballo como o seu contido Los titulares de los derechos de propiedad intelectual autorizan la visualización del contenido de este trabajo a través de Internet, así como su repoducción, grabación en soporte informático o impresión para su uso privado o con fines de investigación. En ningún caso se permite el uso lucrativo de este documento. Estos derechos afectan tanto al resumen del trabajo como a su contenidoes_ES
dc.subjectFisteus (parroquia)es_ES
dc.subjectCurtis (A Coruña)es_ES
dc.subjectToponimia galegaes_ES
dc.subjectLingüísticaes_ES
dc.subjectSocioloxíaes_ES
dc.subjectEtimoloxíaes_ES
dc.subjectGalizaes_ES
dc.titleA toponimia de Fisteus : unha aproximaciónes_ES
dc.typeinfo:eu-repo/semantics/bachelorThesises_ES
dc.rights.accessinfo:eu-repo/semantics/openAccesses_ES
dc.description.traballosTraballo fin de grao (UDC.FIL). Galego e portugués estudios lingüísticos e literarios. Curso 2020/2021es_ES


Ficheiros no ítem

Thumbnail

Este ítem aparece na(s) seguinte(s) colección(s)

Mostrar o rexistro simple do ítem