Mostrar o rexistro simple do ítem

dc.contributor.advisorSamartim, Roberto
dc.contributor.authorNovo Díaz, Fátima
dc.contributor.otherUniversidade da Coruña. Facultade de Filoloxíaes_ES
dc.date.accessioned2022-02-09T11:31:08Z
dc.date.available2022-02-09T11:31:08Z
dc.date.issued2021
dc.identifier.urihttp://hdl.handle.net/2183/29749
dc.description.abstract[Resumo] No seguinte traballo analízase o canon e os repertorios da literatura galega contemporánea a través de diferentes libros de texto de Lingua e Literatura Galega do cuarto curso de educación secundaria obrigatoria (ESO). Para iso, serán analizados dezaseis manuais didácticos de seis editoriais diferentes que nos permitirán comprobar a hipótese de atoparmos un canon fixo no caso da preguerra e da posguerra e un canon máis aberto no caso do período máis actual. Unha vez levantada a información será realizado un traballo de exposición e descrición de datos e, finalmente, unha análise e discusión de materiais que servirá para contrapor e comparar diversos manuais didácticos e distintas edicións dunha mesma editorial. Unha das principais conclusións que será extraída é a identificación dun canon fixo no caso da preguerra e da posguerra, ben no campo dos autores/as que foron escollidos para o estudo de cada etapa literaria ou ben no campo das composicións que foron propostas para comentario de texto. Por outro lado, é importante sinalar que o período da actualidade colócase máis á marxe desta situación e dependendo do libro de texto, da editorial e sobre todo da edición o número de autoras é cada vez máis alto, ao igual que o número de autores é máis irregular e non se presenta unha listaxe fixa. Isto vese, sobre todo, nas edicións máis novas, ou sexa, nas edicións do ano 2016 da editorial Rodeira e da editorial Baía. Finalmente, tamén localizamos un canon bastante fixo e estábel de repertorios entre os que é relevante sinalar o social-patriotismo, o intimismo, o paisaxismo, o historicismo, a tradición, o vangardismo e a nova narrativa.es_ES
dc.language.isoglges_ES
dc.rightsOs titulares dos dereitos de propiedade intelectual autorizan a visualización do contido deste traballo a través de Internet, así como a súa reproducción, gravación en soporte informático ou impresión para o seu uso privado e/ou con fins de estudo e de investigación. En nengún caso se permite o uso lucrativo deste documento. Estos dereitos afectan tanto ó resumo do traballo como o seu contido Los titulares de los derechos de propiedad intelectual autorizan la visualización del contenido de este trabajo a través de Internet, así como su repoducción, grabación en soporte informático o impresión para su uso privado o con fines de investigación. En ningún caso se permite el uso lucrativo de este documento. Estos derechos afectan tanto al resumen del trabajo como a su contenidoes_ES
dc.subjectLiteratura galega contemporáneaes_ES
dc.subjectEnsino Secundario Obrigatorio (ESO)es_ES
dc.subjectLibros de textoes_ES
dc.subjectCanon literarioes_ES
dc.subjectXéneros literarioses_ES
dc.titleCanonización e repertorios da literatura galega contemporánea no ensino secundario obrigatorio: Análise de manuais de Lingua e Literatura Galega de 4º da ESOes_ES
dc.typeinfo:eu-repo/semantics/bachelorThesises_ES
dc.rights.accessinfo:eu-repo/semantics/openAccesses_ES
dc.description.traballosTraballo fin de grao (UDC.FIL). Galego e portugués estudios lingüísticos e literarios. Curso 2020/2021es_ES


Ficheiros no ítem

Thumbnail

Este ítem aparece na(s) seguinte(s) colección(s)

Mostrar o rexistro simple do ítem