Canonización e repertorios da literatura galega contemporánea no ensino secundario obrigatorio: Análise de manuais de Lingua e Literatura Galega de 4º da ESO
Use este enlace para citar
http://hdl.handle.net/2183/29749Coleccións
Metadatos
Mostrar o rexistro completo do ítemTítulo
Canonización e repertorios da literatura galega contemporánea no ensino secundario obrigatorio: Análise de manuais de Lingua e Literatura Galega de 4º da ESOAutor(es)
Director(es)
Samartim, RobertoData
2021Centro/Dpto/Entidade
Universidade da Coruña. Facultade de FiloloxíaDescrición
Traballo fin de grao (UDC.FIL). Galego e portugués estudios lingüísticos e literarios. Curso 2020/2021Resumo
[Resumo] No seguinte traballo analízase o canon e os repertorios da literatura galega contemporánea a través de diferentes libros de texto de Lingua e Literatura Galega do cuarto curso de educación secundaria obrigatoria (ESO). Para iso, serán analizados dezaseis manuais
didácticos de seis editoriais diferentes que nos permitirán comprobar a hipótese de atoparmos un canon fixo no caso da preguerra e da posguerra e un canon máis aberto no caso do período máis actual.
Unha vez levantada a información será realizado un traballo de exposición e descrición de datos e, finalmente, unha análise e discusión de materiais que servirá para contrapor e comparar diversos manuais didácticos e distintas edicións dunha mesma editorial.
Unha das principais conclusións que será extraída é a identificación dun canon fixo no caso da preguerra e da posguerra, ben no campo dos autores/as que foron escollidos para o estudo de cada etapa literaria ou ben no campo das composicións que foron propostas para comentario de texto. Por outro lado, é importante sinalar que o período da actualidade
colócase máis á marxe desta situación e dependendo do libro de texto, da editorial e sobre todo da edición o número de autoras é cada vez máis alto, ao igual que o número de autores é máis irregular e non se presenta unha listaxe fixa. Isto vese, sobre todo, nas edicións máis novas, ou sexa, nas edicións do ano 2016 da editorial Rodeira e da editorial Baía.
Finalmente, tamén localizamos un canon bastante fixo e estábel de repertorios entre os que é relevante sinalar o social-patriotismo, o intimismo, o paisaxismo, o historicismo, a tradición, o vangardismo e a nova narrativa.
Palabras chave
Literatura galega contemporánea
Ensino Secundario Obrigatorio (ESO)
Libros de texto
Canon literario
Xéneros literarios
Ensino Secundario Obrigatorio (ESO)
Libros de texto
Canon literario
Xéneros literarios
Dereitos
Os titulares dos dereitos de propiedade intelectual autorizan a visualización do contido deste traballo a través de Internet, así como a súa reproducción, gravación en soporte informático ou impresión para o seu uso privado e/ou con fins de estudo e de investigación. En nengún caso se permite o uso lucrativo deste documento. Estos dereitos afectan tanto ó resumo do traballo como o seu contido Los titulares de los derechos de propiedad intelectual autorizan la visualización del contenido de este trabajo a través de Internet, así como su repoducción, grabación en soporte informático o impresión para su uso privado o con fines de investigación. En ningún caso se permite el uso lucrativo de este documento. Estos derechos afectan tanto al resumen del trabajo como a su contenido