Mostrar o rexistro simple do ítem
O activismo lingüístico de Séchu Sende a través da súa obra narrativa: Estudo comparado dos repertorios temáticos e estilísticos en Made in Galiza e A República das Palavras
dc.contributor.advisor | Lourido, Isaac | |
dc.contributor.author | Ferreiro Vilariño, Uxía | |
dc.contributor.other | Universidade da Coruña. Facultade de Filoloxía | es_ES |
dc.date.accessioned | 2022-02-09T08:52:19Z | |
dc.date.available | 2022-02-09T08:52:19Z | |
dc.date.issued | 2021 | |
dc.identifier.uri | http://hdl.handle.net/2183/29740 | |
dc.description.abstract | [Resumo] O principal obxectivo deste traballo é analizarmos a importancia do activismo lingüístico de Séchu Sende na súa produción literaria, tomando como obxecto de estudo as obras Made in Galiza (2007) e A República das Palvras (2015), e pondo especial atención aos principais repertorios temáticos e estilísticos de ambas as obras. Canto á metodoloxía empregada realizamos unha revisión da bibliografía crítica precedente para reconstruírmos a traxectoria do autor. Aliás, tamén recorremos ao uso da teoría dos polisistemas de Itamar Even-Zohar co fin de elaborarmos a traxectoria de Sende desde unha perspectiva máis conceptual e, finalmente, procedemos á creación dunha base de datos (BD) co programa Excel para clasificarmos a información sobre as obras estudadas de forma clara e rigorosa, facilitando a creación de gráficas que serán de axuda á hora de esquematizarmos e mostramos a información obtida. O traballo estrutúrase, por tanto, da seguinte forma: primeiro, ofrécese a traxectoria literaria de Sende e todas as diferentes fases que esta atravesa. Tamén se inclúe a faceta do autor como activista lingüístico e social, enumerando as diversas plataformas socias ás que estivo vinculado e os proxectos actuais que iniciou, focados principalmente na defensa da lingua galega e do ecoloxismo. A seguir, procédese á análise e comparación dos repertorios temáticos e estilísticos de Made in Galiza (2007) e A República das Palavras (2015). Así, os procesos anteriormente mencionados permitíronnos tirar varias conclusións. En primeiro lugar, comprobamos cales son os principais trazos que caracterizan a traxectoria de Séchu Sende, compromiso coa lingua e denuncia social, e cal é a situación que ocupa no sistema literario galego, evolucionando desde a periferia até unha posición máis central para logo voltar á periferia. En segundo lugar, constatamos a importancia do activismo lingüístico e social do autor nas dúas obras estudadas e, por último, comprobamos as diferenzas e semellanzas temáticas e estilísticas entre ambos os libros estudados. | es_ES |
dc.language.iso | glg | es_ES |
dc.rights | Os titulares dos dereitos de propiedade intelectual autorizan a visualización do contido deste traballo a través de Internet, así como a súa reproducción, gravación en soporte informático ou impresión para o seu uso privado e/ou con fins de estudo e de investigación. En nengún caso se permite o uso lucrativo deste documento. Estos dereitos afectan tanto ó resumo do traballo como o seu contido Los titulares de los derechos de propiedad intelectual autorizan la visualización del contenido de este trabajo a través de Internet, así como su repoducción, grabación en soporte informático o impresión para su uso privado o con fines de investigación. En ningún caso se permite el uso lucrativo de este documento. Estos derechos afectan tanto al resumen del trabajo como a su contenido | es_ES |
dc.subject | Activismo lingüístico | es_ES |
dc.subject | Sende, Séchu | es_ES |
dc.subject | Made in Galiza | es_ES |
dc.subject | A República das Palavras | es_ES |
dc.subject | Literatura galega | es_ES |
dc.title | O activismo lingüístico de Séchu Sende a través da súa obra narrativa: Estudo comparado dos repertorios temáticos e estilísticos en Made in Galiza e A República das Palavras | es_ES |
dc.type | info:eu-repo/semantics/bachelorThesis | es_ES |
dc.rights.access | info:eu-repo/semantics/openAccess | es_ES |
dc.description.traballos | Traballo fin de grao (UDC.FIL). Galego e portugués estudios lingüísticos e literarios. Curso 2020/2021 | es_ES |