O activismo lingüístico de Séchu Sende a través da súa obra narrativa: Estudo comparado dos repertorios temáticos e estilísticos en Made in Galiza e A República das Palavras
Title
O activismo lingüístico de Séchu Sende a través da súa obra narrativa: Estudo comparado dos repertorios temáticos e estilísticos en Made in Galiza e A República das PalavrasAuthor(s)
Directors
Lourido, IsaacDate
2021Center/Dept./Entity
Universidade da Coruña. Facultade de FiloloxíaDescription
Traballo fin de grao (UDC.FIL). Galego e portugués estudios lingüísticos e literarios. Curso 2020/2021Abstract
[Resumo] O principal obxectivo deste traballo é analizarmos a importancia do activismo
lingüístico de Séchu Sende na súa produción literaria, tomando como obxecto de estudo
as obras Made in Galiza (2007) e A República das Palvras (2015), e pondo especial
atención aos principais repertorios temáticos e estilísticos de ambas as obras.
Canto á metodoloxía empregada realizamos unha revisión da bibliografía crítica
precedente para reconstruírmos a traxectoria do autor. Aliás, tamén recorremos ao uso da
teoría dos polisistemas de Itamar Even-Zohar co fin de elaborarmos a traxectoria de Sende
desde unha perspectiva máis conceptual e, finalmente, procedemos á creación dunha base
de datos (BD) co programa Excel para clasificarmos a información sobre as obras
estudadas de forma clara e rigorosa, facilitando a creación de gráficas que serán de axuda
á hora de esquematizarmos e mostramos a información obtida.
O traballo estrutúrase, por tanto, da seguinte forma: primeiro, ofrécese a
traxectoria literaria de Sende e todas as diferentes fases que esta atravesa. Tamén se inclúe
a faceta do autor como activista lingüístico e social, enumerando as diversas plataformas
socias ás que estivo vinculado e os proxectos actuais que iniciou, focados principalmente
na defensa da lingua galega e do ecoloxismo. A seguir, procédese á análise e comparación
dos repertorios temáticos e estilísticos de Made in Galiza (2007) e A República das
Palavras (2015).
Así, os procesos anteriormente mencionados permitíronnos tirar varias
conclusións. En primeiro lugar, comprobamos cales son os principais trazos que
caracterizan a traxectoria de Séchu Sende, compromiso coa lingua e denuncia social, e
cal é a situación que ocupa no sistema literario galego, evolucionando desde a periferia
até unha posición máis central para logo voltar á periferia. En segundo lugar, constatamos
a importancia do activismo lingüístico e social do autor nas dúas obras estudadas e, por último, comprobamos as diferenzas e semellanzas temáticas e estilísticas entre ambos os
libros estudados.
Keywords
Activismo lingüístico
Sende, Séchu
Made in Galiza
A República das Palavras
Literatura galega
Sende, Séchu
Made in Galiza
A República das Palavras
Literatura galega
Rights
Os titulares dos dereitos de propiedade intelectual autorizan a visualización do contido deste traballo a través de Internet, así como a súa reproducción, gravación en soporte informático ou impresión para o seu uso privado e/ou con fins de estudo e de investigación. En nengún caso se permite o uso lucrativo deste documento. Estos dereitos afectan tanto ó resumo do traballo como o seu contido Los titulares de los derechos de propiedad intelectual autorizan la visualización del contenido de este trabajo a través de Internet, así como su repoducción, grabación en soporte informático o impresión para su uso privado o con fines de investigación. En ningún caso se permite el uso lucrativo de este documento. Estos derechos afectan tanto al resumen del trabajo como a su contenido