Estudo sobre a violencia e acoso sexual na Universidade da Coruña

Use this link to cite
http://hdl.handle.net/2183/29477
Except where otherwise noted, this item's license is described as Atribución-NoComercial-CompartirIgual 4.0 Internacional (CC BY-NC-SA 4.0)
Metadata
Show full item recordTitle
Estudo sobre a violencia e acoso sexual na Universidade da CoruñaDate
2022Keywords
Acoso sexual
Violencia
Universidade da Coruña
Sexual harassment
Violence
Violencia
Universidade da Coruña
Sexual harassment
Violence
Description
A Oficina para a Igualdade de Xénero, adscrita á Vicerreitoría de Igualdade, Cultura e Deporte, foi creada na sesión do Consello de Goberno do 14 de decembro de 2006, polo que leva en funcionamento desde o día 10 de marzo de 2007. Desde a súa creación, a Oficina leva desenvolvendo diferentes iniciativas para cumprir coas súas funcións, entre elas a de sensibilizar e actuar sobre situacións de violencia e acoso sexista. Este documento presenta unha primeira aproximación á dita problemática no contexto da Universidade da Coruña. Preténdese, así, iniciar un novo camiño que reforce outras iniciativas que xa se estaban levando a cabo e xustifica a necesidade do protocolo de acoso que se elaborou no marco do I Plan de igualdade entre mulleres e homes da Universidade da Coruña 2013-2017.
O presente estudo céntrase nos diferentes tipos de acoso que poden darse no ámbito universitario: acoso sexual, sexista ou de xénero, acoso por orientación sexual e por identidade ou expresión de xénero. Para coñecer polo miúdo esta situación empregouse unha enquisa e fixéronse grupos de discusión. O obxectivo xeral do estudo é coñecer a prevalencia e as características do acoso no ámbito universitario. O traballo de campo levouse a cabo no curso académico 2020-2021 e dirixiuse a toda a comunidade universitaria, alumnado, persoal da administración e servizos (PAS) e persoal docente (PDI).
Editor version
Rights
Atribución-NoComercial-CompartirIgual 4.0 Internacional (CC BY-NC-SA 4.0)
ISBN
978-84-9749-830-2