Lingua e poder político na Galiza e en Portugal durante a Baixa Idade Media
Use este enlace para citar
http://hdl.handle.net/2183/29105Coleccións
Metadatos
Mostrar o rexistro completo do ítemTítulo
Lingua e poder político na Galiza e en Portugal durante a Baixa Idade MediaAutor(es)
Data
2010Cita bibliográfica
Freixeiro Mato, Xosé Ramón. "Lingua e poder político na Galiza e en Portugal durante a Baixa Idade Media", en Tavares Maleval, Mª Amparo e Tato Fontaíña, Laura (eds): Estudos Galego-Brasileiros 4, A Coruña, Universidade da Coruña, 2010, pp. 151-181
Resumo
[Resumo] En canto a Galiza foi reino independente, o galego desenvolveuse en condicións de plena normalidade con relación ao resto das linguas romances, alcanzando mesmo notoriedade como lingua lírica peninsular e lingua de cultura. Foi a subordinación política do reino da Galiza á coroa de Castela a que provocou a lenta e progresiva perda desa normalidade. Portugal, por súa vez, nace dunha división da Gallaecia e por tanto herda o galego como lingua propia. Ao se converter nun estado independente, puido manter a súa normalidade lingüística até que unha temporal dependencia de Castela tamén a puxo en cuestión transitoriamente; a recuperación da súa independencia política foi a que lle garantiu a preservación da lingua propia nunha situación de normalidade. Tería Portugal resistido tanto de continuar desde 1580 baixo o poder de Castela? Resistirá moito máis o galego? Pode coadxuvar Portugal neste obxectivo dalgunha forma? E o Brasil, potencia emerxente? Os seus 190 millóns de persoas que falan, ao seu modo, galego por utilizaren unha modalidade lingüística que ten as suás orixes no antigo reino da Galiza, unidos ao seu potencial político, económico e cultural, poden achegarlle ao galego ese 'empoderamento' que aínda hoxe precisa. Mais a importante axuda que puider recibir do Brasil e de Portugal nunca será suficiente se desde a propia Galiza non se apostar decididamente polo galego(-portugués) como principal lingua de identidade, de cohesión social e de futuro.
Palabras chave
Galego
Portugués
Galiza
Portugal
Baixa Idade Media
Poder político
Portugués
Galiza
Portugal
Baixa Idade Media
Poder político
ISBN
978-84-9749-394-9