Mostrar o rexistro simple do ítem

dc.contributor.advisorLourido, Isaac
dc.contributor.authorCarreira Bocelo, Noelia
dc.contributor.otherUniversidade da Coruña. Facultade de Filoloxíaes_ES
dc.date.accessioned2021-03-10T09:18:28Z
dc.date.available2021-03-10T09:18:28Z
dc.date.issued2020
dc.identifier.urihttp://hdl.handle.net/2183/27475
dc.description.abstract[Resume] Neste traballo analizamos a poesía galega nos primeiros anos do século XXI, concretamente os participantes, repertorios temáticos e funcións das antoloxías Alma de beiramar. A Asociación de Escritores en Lingua Galega en contra da Marea Negra (2003) e Negra sombra. Intervención poética contra a marea negra (2003), escolmas creadas a raíz do afundimento do buque petroleiro Prestige en novembro de 2002. O obxectivo principal é estudar a organización e a función que desenvolveron estas dúas obras no contexto da mobilización social e cultural do Movemento Nunca Máis. Relacionados con este obxectivo principal temos outros tres máis específicos: 1) Esclarecer que autores e autoras participan nestas escolmas, prestando especial atención ás idades ou xeracións ás que pertencen e ao seu nivel de consagración dentro do campo literario galego en 2003. 2) Coñecer os repertorios temáticos dos textos recopilados. 3) Crear e avaliar metodoloxías de traballo empírico para o estudo da consagración autorial, o funcionamento de repertorios poéticos en procesos de mobilización social e para contrastar os resultados con estudos críticos precedentes. En relación coas metodoloxías usadas, para abstraer unha primeira lista de posíbeis repertorios temáticos e niveis de consagración dos poetas incluídos nestas escolmas, recorremos a fontes bibliográficas (artigos, historias da literatura etc.) que resumen e analizan a produción poética galega a comezos do século XXI e posterior ao desastre ecolóxico do Prestige e que nos permiten xerar unha serie de hipóteses iniciais que contrastaremos ao longo do traballo. Como principal ferramenta metodolóxica para a realización desta análise elaboramos unha base de datos, formada por tres follas: unha primeira que recolle cada unha das achegas independentemente do xénero literario (poesía, narrativa e ensaio) xunto á información do autor/a e, no caso dos poemas, os repertorios temáticos principais e secundarios; unha segunda páxina na que figuran os macrorepertorios e os repertorios concretos dentro dos que clasificamos os poemas das dúas antoloxías; e unha última táboa na que avaliamos o nivel de consagración de todos os escritores e escritoras que participan nestas escolmas con textos poéticos. Entre as conclusións máis importantes podemos destacar que o acontecemento histórico do Prestige condiciona a configuración das antoloxías e a súa función, aproximando as composicións á loita social, identitaria, ecolóxica e nacional e convertendo estes volumes nunha recompilación aberta non sometida aos criterios de selección crítica na que atopamos escritores e escritoras de todo tipo, de diferentes idades, que escriben en diversos xéneros literarios e de diferentes niveis de consagración. Máis concretamente, predomina a presenza de poemas creados por persoas de medio ou nulo recoñecemento. En canto aos macrorepertorios, determinamos que os grupos temáticos máis frecuentes son o propio suceso do Prestige, todo o que provocou, a reivindicación, a natureza e destacamos a relativa importancia dos repertorios da “experiencia” como repertorio secundario. Mentres que hai unha escasa presenza de repertorios como “sectores produtivos” ou “Galicia”. Finalmente, cómpre comentar que foi preciso crear metodoloxías de traballo empírico empregadas para o estudo da consagración autorial nestas antoloxías, para analizar o funcionamento de repertorios poéticos e tamén para contrastar os resultados con estudos críticos precedentes, é dicir, deseñar como ferramenta a xa mencionada base de datos que ademais pode servir para futuros estudos relacionados con este campo. O traballo remata cunha breve valorización da experiencia formativa deste traballo en canto a coñecemento do estado da cuestión sobre a poesía galega e o activismo social a inicios do século XXI e a aprendizaxe de novas metodoloxías, ferramentas e procesos de análise.es_ES
dc.language.isoglges_ES
dc.rightsOs titulares dos dereitos de propiedade intelectual autorizan a visualización do contido deste traballo a través de Internet, así como a súa reproducción, gravación en soporte informático ou impresión para o seu uso privado e/ou con fins de estudo e de investigación. En nengún caso se permite o uso lucrativo deste documento. Estos dereitos afectan tanto ó resumo do traballo como o seu contido Los titulares de los derechos de propiedad intelectual autorizan la visualización del contenido de este trabajo a través de Internet, así como su repoducción, grabación en soporte informático o impresión para su uso privado o con fines de investigación. En ningún caso se permite el uso lucrativo de este documento. Estos derechos afectan tanto al resumen del trabajo como a su contenidoes_ES
dc.subjectPoesía galegaes_ES
dc.subjectSéculo XXIes_ES
dc.subjectAlma de beiramares_ES
dc.subjectNegra sombraes_ES
dc.subjectPrestigees_ES
dc.subjectMovilización sociales_ES
dc.subjectNunca Máises_ES
dc.subjectMovilización culturales_ES
dc.titlePoesía e intervención política no acontecemento histórico do Prestige: participantes, repertorios temáticos e funcións das antoloxías Alma de beiramar e Negra sombraes_ES
dc.typeinfo:eu-repo/semantics/masterThesises_ES
dc.rights.accessinfo:eu-repo/semantics/openAccesses_ES
dc.description.traballosTraballo fin de mestrado (UDC.FIL). Literatura, cultura e diversidade. Curso 2019/2020es_ES


Ficheiros no ítem

Thumbnail

Este ítem aparece na(s) seguinte(s) colección(s)

Mostrar o rexistro simple do ítem