Poesía e intervención política no acontecemento histórico do Prestige: participantes, repertorios temáticos e funcións das antoloxías Alma de beiramar e Negra sombra

Use este enlace para citar
http://hdl.handle.net/2183/27475Coleccións
Metadatos
Mostrar o rexistro completo do ítemTítulo
Poesía e intervención política no acontecemento histórico do Prestige: participantes, repertorios temáticos e funcións das antoloxías Alma de beiramar e Negra sombraAutor(es)
Director(es)
Lourido, IsaacData
2020Centro/Dpto/Entidade
Universidade da Coruña. Facultade de FiloloxíaDescrición
Traballo fin de mestrado (UDC.FIL). Literatura, cultura e diversidade. Curso 2019/2020Resumo
[Resume] Neste traballo analizamos a poesía galega nos primeiros anos do século XXI, concretamente os participantes, repertorios temáticos e funcións das antoloxías Alma de beiramar. A Asociación de Escritores en Lingua Galega en contra da Marea Negra (2003) e Negra sombra. Intervención poética contra a marea negra (2003), escolmas creadas a raíz do afundimento do buque petroleiro Prestige en novembro de 2002. O obxectivo principal é estudar a organización e a función que desenvolveron estas dúas obras no contexto da mobilización social e cultural do Movemento Nunca Máis. Relacionados con este obxectivo
principal temos outros tres máis específicos: 1) Esclarecer que autores e autoras participan nestas escolmas, prestando especial atención ás idades ou xeracións ás que pertencen e ao seu nivel de consagración dentro do campo literario galego en 2003. 2) Coñecer os repertorios temáticos dos textos recopilados. 3) Crear e avaliar metodoloxías de traballo empírico para o estudo da consagración autorial, o funcionamento de repertorios poéticos en procesos de mobilización social e para contrastar os resultados con estudos críticos precedentes.
En relación coas metodoloxías usadas, para abstraer unha primeira lista de posíbeis repertorios temáticos e niveis de consagración dos poetas incluídos nestas escolmas, recorremos a fontes bibliográficas (artigos, historias da literatura etc.) que resumen e analizan a produción poética galega a comezos do século XXI e posterior ao desastre ecolóxico do
Prestige e que nos permiten xerar unha serie de hipóteses iniciais que contrastaremos ao longo do traballo.
Como principal ferramenta metodolóxica para a realización desta análise elaboramos unha base de datos, formada por tres follas: unha primeira que recolle cada unha das achegas independentemente do xénero literario (poesía, narrativa e ensaio) xunto á información do autor/a e, no caso dos poemas, os repertorios temáticos principais e secundarios; unha
segunda páxina na que figuran os macrorepertorios e os repertorios concretos dentro dos que clasificamos os poemas das dúas antoloxías; e unha última táboa na que avaliamos o nivel de consagración de todos os escritores e escritoras que participan nestas escolmas con textos
poéticos.
Entre as conclusións máis importantes podemos destacar que o acontecemento histórico do Prestige condiciona a configuración das antoloxías e a súa función, aproximando as composicións á loita social, identitaria, ecolóxica e nacional e convertendo estes volumes nunha recompilación aberta non sometida aos criterios de selección crítica na que atopamos escritores e escritoras de todo tipo, de diferentes idades, que escriben en diversos xéneros literarios e de diferentes niveis de consagración. Máis concretamente, predomina a presenza de poemas creados por persoas de medio ou nulo recoñecemento. En canto aos
macrorepertorios, determinamos que os grupos temáticos máis frecuentes son o propio suceso do Prestige, todo o que provocou, a reivindicación, a natureza e destacamos a relativa importancia dos repertorios da “experiencia” como repertorio secundario. Mentres que hai unha escasa presenza de repertorios como “sectores produtivos” ou “Galicia”.
Finalmente, cómpre comentar que foi preciso crear metodoloxías de traballo empírico empregadas para o estudo da consagración autorial nestas antoloxías, para analizar o funcionamento de repertorios poéticos e tamén para contrastar os resultados con estudos críticos precedentes, é dicir, deseñar como ferramenta a xa mencionada base de datos que
ademais pode servir para futuros estudos relacionados con este campo. O traballo remata cunha breve valorización da experiencia formativa deste traballo en canto a coñecemento do estado da cuestión sobre a poesía galega e o activismo social a inicios do século XXI e a aprendizaxe de novas metodoloxías, ferramentas e procesos de análise.
Palabras chave
Poesía galega
Século XXI
Alma de beiramar
Negra sombra
Prestige
Movilización social
Nunca Máis
Movilización cultural
Século XXI
Alma de beiramar
Negra sombra
Prestige
Movilización social
Nunca Máis
Movilización cultural
Dereitos
Os titulares dos dereitos de propiedade intelectual autorizan a visualización do contido deste traballo a través de Internet, así como a súa reproducción, gravación en soporte informático ou impresión para o seu uso privado e/ou con fins de estudo e de investigación. En nengún caso se permite o uso lucrativo deste documento. Estos dereitos afectan tanto ó resumo do traballo como o seu contido Los titulares de los derechos de propiedad intelectual autorizan la visualización del contenido de este trabajo a través de Internet, así como su repoducción, grabación en soporte informático o impresión para su uso privado o con fines de investigación. En ningún caso se permite el uso lucrativo de este documento. Estos derechos afectan tanto al resumen del trabajo como a su contenido