A fala de Braño: Unha aproximación
Use este enlace para citar
http://hdl.handle.net/2183/27426Coleccións
Metadatos
Mostrar o rexistro completo do ítemTítulo
A fala de Braño: Unha aproximaciónAutor(es)
Director(es)
Ferreiro, ManuelData
2020Centro/Dpto/Entidade
Universidade da Coruña. Facultade de FiloloxíaDescrición
Traballo fin de grao (UDC.FIL). Galego e portugués estudios lingüísticos e literarios. Curso 2019/2020Resumo
[Resumo] A variación dialectal do galego é unha fonte de información sobre a lingua moi útil para o seu estudo. Os falares das aldeas máis pequenas poden esconder os maiores tesouros coñecidos e por coñecer a respecto da lingua. Quer sexa pola presión do castelán, quer pola normalización e normativización da lingua galega, sobre todo a través do ensino, moitas das variedades dialectais están a perder algúns dos trazos que as individualizan dentro do espazo galaico. Este traballo realiza unha aproximación á variedade de galego que se fala no lugar de Braño, pertencente á parroquia de Carantoña no concello de Vimianzo, co obxectivo de deixar constancia na bibliografía dialectal galega da variedade falada neste lugar e así contribuír a acrecentar a información sobre esta materia. A estrutura do traballo segue, principalmente, a obra de Francisco Fernánd ez Rei, Dialectoloxía da lingua galega, pois é esta, aínda hoxe, unha das referencias obrigadas no eido da dialectoloxía na nosa lingua. Dos trazos que se presentan, analízase a orixe botando man de traballos de historia da lingua galega e de gramáticas. Tamén se atende á delicada situación nos casos onde a sobrevivencia está en perigo, e contribuír deste
xeito, a actualizar o coñecemento do seu estado. Para a caracterización da lingua
procedeuse a gravar oralmente a diferentes habitantes do lugar e a posterior transcrición dos textos. Tamén se recolleu unha breve listaxe de palabras e expresións sentidas no lugar. Como resultado deste traballo, confírmanse os datos que a bibliografía atribúe a esta zona, ubicada no bloque occidental, con algunha matización nalgún trazo; por outra
banda, tamén se constata a progresiva desaparición dalgúns trazos xa considerados como menores hai tempo pola caída en desuso e a súa reducida área de acción. Tamén se verifica como algúns destes trazos van perdendo forza en cada nova xeración, ben sexa pola escolarización na variedade estándar do galego, ben pola influencia do castelán, sobre todo nas xeracións máis novas, pois estas están moito máis expostas a esta lingua do que as xeración máis vellas.
Palabras chave
Lingua galega
Dialectoloxía
Gramática galega
Variantes dialectais
Dialectoloxía
Gramática galega
Variantes dialectais
Dereitos
Os titulares dos dereitos de propiedade intelectual autorizan a visualización do contido deste traballo a través de Internet, así como a súa reproducción, gravación en soporte informático ou impresión para o seu uso privado e/ou con fins de estudo e de investigación. En nengún caso se permite o uso lucrativo deste documento. Estos dereitos afectan tanto ó resumo do traballo como o seu contido Los titulares de los derechos de propiedad intelectual autorizan la visualización del contenido de este trabajo a través de Internet, así como su repoducción, grabación en soporte informático o impresión para su uso privado o con fines de investigación. En ningún caso se permite el uso lucrativo de este documento. Estos derechos afectan tanto al resumen del trabajo como a su contenido