Premios Isabel Zendal de Promoción do Pensamento Crítico en Educación Secundaria e Bacharelato. II Edición
Use este enlace para citar
http://hdl.handle.net/2183/26646
A non ser que se indique outra cousa, a licenza do ítem descríbese como Atribución-CompartirIgual 4.0 Internacional (CC BY-SA 4.0)
Coleccións
Metadatos
Mostrar o rexistro completo do ítemTítulo
Premios Isabel Zendal de Promoción do Pensamento Crítico en Educación Secundaria e Bacharelato. II EdiciónAutor(es)
Data
2020Palabras chave
Pensamento crítico
Divulgación científica
Ensaio científico
Premios Isabel Zendal
Critical thinking
Popular science
Scientific essay
Isabel Zendal Prize
Divulgación científica
Ensaio científico
Premios Isabel Zendal
Critical thinking
Popular science
Scientific essay
Isabel Zendal Prize
Descrición
A segunda edición dos Premios Isabel Zendal preséntase como unha actividade de extensión universitaria da Universidade da Coruña, por medio da Unidade de Divulgación Científica e Cultural e en colaboración co Círculo Escéptico. A súa finalidade é promover o pensamento crítico e a cultura científica entre a xuventude, vítima en moitas ocasións da difusión e divulgación de informacións e crenzas falsas.
O premio está dirixido ao alumnado escolarizado en centros educativos españois, desde o primeiro curso da educación secundaria obrigatoria (ESO) ata o segundo curso de bacharelato, de modo que consta de dúas categorías de participación: unha para o alumnado de 1.º a 3.º curso da ESO e FP básica; e outra para o alumnado de 4.º da ESO a 2.º de bacharelato, máis os ciclos formativos de grao medio.
A participación no concurso realízase a través dun xénero literario —que pode ser un artigo xornalístico— a exposición divulgativa dun experimento desenvolvido polo alumnado, o conto ou o relato curto. Valórase que os traballos integren os valores do pensamento escéptico e científico, a difusión do coñecemento, a ciencia e os seus métodos e a refutación das pseudociencias, así como a loita contra a difusión de enganos e as novas falsas.
Neste documento recóllense os traballos premiados nesta segunda edición dos Premios Isabel Zendal, convocada en marzo de 2020 e cuxa resolución tivo lugar en xullo do mesmo ano. Xurado: Francisco Armesto Ramón, Marisa Castiñeira García, Manuel Francisco Herrador Barrios, Susana Ladra González, Xoán Luís López Viñas e M.ª Cristina Naya Riveiro.
Dereitos
Atribución-CompartirIgual 4.0 Internacional (CC BY-SA 4.0)
Editor
Universidade da Coruña. Unidade de Divulgación Científica e Cultural